Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Unha analítica das augas residuais do Pindo demostran a necesidade de acometer o novo saneamento

Unha analítica das augas residuais do Pindo demostran a necesidade de acometer o novo saneamento
Saida do colector vello de saneamento no Pindo-Foto-Quino Pais Saída do colector vello de saneamento no Pindo chea de contaminación por fecais-Foto-Quino Pais Xa teñen un informe no que apoiar as súas teses os veciños do Pindo que se senten co cú ao aire ante a falta de saneamento da súa vila. Despois de varios meses denunciando os malos cheiros, sobre todo dende a rotura dunha das tuberías vellas nun temporal de inverno, parece que a zona da Praza (a máis perxudicada) cheira máis que nunca, porque ao non chover, vai seco e o mar aínda que coas mareas vivas, non dá dilúido “tanta merda”. Así que os veciños veñen de pedir a un informe á empresa BioControl para coñecer o alcance real da falta de saneamento. Un informe completamente válido mesmo para levar ao xulgado (así o avala o certificado ENAC co que conta a empresa) e que mesmo podería levar a Augas de Galicia a prohibir o baño despois de que os veciños o presenten como denuncia no xulgado. As cifras falan por si soas. É certo que as augas residuais contan con valores relativamente semellantes de coliformes que os datos que dan as augas recollidas nun dos puntos menos contaminados da zona de debaixo da praza, arredor de 10.000.000ucf / 100ml de coliformes totais. Pero é que o límite permitido de coliformes para augas de baño ronda os 200ucf/100ml (100 para as augas potables), o que dá conta do salto de magnitude. Unha analítica que demostra que é un auga fecal ben podrida, ben sucia, moi cargada de bacterioloxía, que melloraría moito se pasara pola depuradora.

8 anos esperando polo novo saneamento

A situación é clara. É palpable que a rede de saneamento carnotá está vella. E por iso a Xunta decidiu facer un colector xeral novo, que recolle dende o Ézaro e conecta coa depuradora de Carnota, situada en Panchés, e que funciona perfectamente. O caso é que ese colector leva 8 anos en obras e non dan acabado. Con varias empresas declaradas en quebra, a Xunta non consegue acabar o colector, mentres o Concello si que ten preparados as novas tuberías para conectalas ao novo colector. Pero mentres non estea activo, o vello saneamento é o que está asumindo toda a carga. O que ten a Xunta é recoller a depuradora. Nós só imos recoller o saneamento se funciona. Depuradora de Carnota en Panches Depuradora de Carnota en Panchés

Apoio municipal

Parece que todos os grupos municipais están implicados na loita. Quino Pais escribiu un escrito que foi lido polo voceiro do PSOE Suso Campos, e que foi aprobado por todos os grupos municipais. Un escrito no que denuncia a situación que arrastra a vila dende hai 20 anos nos que as casas levan vertindo directamente as augas residuais no regato do lugar. Pais lamenta que o pobo do Pindo siga pagando un canon de saneamento cando este non existe, e por iso pide ao Concello que se dirixa a Zunta para solucionar este grave “problema medioambiental, sanitario e ecolóxico”.

Reunión con Augas

Este mércores 11 o alcalde Ramón Noceda ten reunión co Augas de Galicia. Unha cita á que irá escoltado por varios veciños cargados de sinaturas. “Imos reunirnos coa Xunta e imos cos veciños, para apuralos, a ver se recollen dunha vez a obra e conectan de verdade o novo colector”, asegura o alcalde. Segundo diversas fontes, pode ser que a mediados deste mes de outubro a Xunta recolla a obra, pero o Concello asegura que vai revisar que todo funcione correctamente para logo non ter que asumir obras que non lle corresponden. Veremos cal é a resposta da Xunta na reunión de mañá.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios