Imprimir

Unha balea lugrisiana en homenaxe a Paco Souto

que pasa na costa | 08 de agosto de 2017

Fermosa esta iniciativa do proxecto Pintar na Rúa que un ano máis permite crear dun muro un espazo cultural para que os cativos poidan disfrutar da pintura, do grafiti. Este ano, os nenos e nenas de Malpica conseguiron crear unha lenda propia a través dunha figura tan lugrisiana e malpicá como a balea. O debuxo do mural que pode verse xa no parque infantil da Rúa Patria Galega converte a balea nunha especie de illa “enriba da que se forma un país, unha cultura, unha forma de vivir”. Así o explica a ilustradora carballesa Laura Tova, autora do deseño e monitora do obradoiro que se veu impartindo desde o 24 de xullo.

O proxecto de rexeneración urbana promovido pola Concellería de Educación, Cultura e Turismo tamén inclúe a homenaxe da autora e dos participantes “ao amigo” Paco Souto, que dalgún xeito foi inspirador do mural. De feito, o seu poema “A percebeira é unha illa” dá título á propia pintura.

BALEA DEDICATORIA para Paco Souto

Novas relacionadas

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/malpica/unha-balea-lugrisiana-en-homenaxe-a-paco-souto/20170808061035085273.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA