Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Unha boa e unha mala de centros galegos en Bos Aires

Unha boa e unha mala de centros galegos en Bos Aires

Temos hoxe unha doble visión do que acontece ao outro lado do Atlántico, na 5ª provincia galega. Xa nos falaba a semana pasada Manuel Suárez Suárez do noso embaixador honorario en Bos Aires, e hoxe chégannos dúas novas dende aquela beira do Río da Plata.

Unha de celebración dende o ABC del Partido de Corcubión, que celebra o seu fin de Entroido. Pero a outra non é tan positiva, se non que se trata dunha queixa do Centro Galego porteño sobre as relacións coa Xunta de Galicia.

Un queixa do Centro Galego de Bos Aires

De "despropósito" catalogan as últimas relacións do CG coa Xunta de Galicia. Un centro, o de Bos Aires, que sempre tivo unha repercusión directa na política galega, polo protagonismo do voto emigrante nas eleccións do noso país. "Eran momentos nos que o voto de miles de galegos e os seus descendentes, residentes na Republica Arxentina, inflúe nas eleccións para elixir ao Goberno da Comunidade Autónoma", non como agora coa nova lei, como destacan dende Cadernos de comunicación e análise.

I é que segundo denuncian dende alá a día de hoxe a realidade é distinta e a Xunta non está a cumplir cos compromisos adquiridos no 2002, no marco do proxecto "Fundación Galicia Saúde", asinado polo goberno de Fraga e que incluiría a constitución dunha fundación benéfico-social que xestionaría a área hospitalaria da Mutual, unha fundación en todo caso controlada polo propio Centro Galego.

O caso é que tras un entramado de eleccións internas e de visitas á Xunta de Galicia (ver a crónica completa en Cadernos de comunicación e análise) as decisións pasan a ser taxantes: supresión da Fundación Galicia Saúde, entre outras. Decisión que fan perigar a continuidade do centro galego, probablemente, máis significativo do mundo, e por iso, dende aló, dende o Río da Plata, piden axuda ás administracións e aos entes sociais.

Fin do Entroido no ABC del Partido de Corcubión

Música tradicional e baile serán os protagonistas do entroido ao aire libre que prepara a entidade para este domingo 4 de marzo a partir das 13:30h. Haberá un almorzo completo amemizado polo show da orquesta Los Peninsulares, que dá conta da morriña dos galegos na diáspora.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios