Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha carreira solidaria en Muros para construír unha vivenda na República Dominicana

Unha carreira solidaria en Muros para construír unha vivenda na República Dominicana
Que importantes as citas que mesturan deporte e solidariedade. E cando hai un obxectivo concreto, a axuda faise máis real, máis patente. Así o consideran dende o IES Plurilingüe Fontexería de Muros que, este xoves 21 de xuño, coincidindo co fin das actividades lectivas deste curso 2017-18, celebrará a V Carreira Pedestre. Unha cita que este ano terá como obxectivo colaborar coa campaña de micromecenado en favor da construción de vivendas no pobo de Guerra (República Dominicana). Unha campaña, Por unha vivenda digna, que está liderada por Alicia Heinrich, unha muradá que está facendo labores solidarias no país sudamericano. Pide así colaboración tanto directamente como participando na carreira, para acadar alomenos os 1.200€ que son necesarios para construír unha vivenda.

Colabora

Podes colaborar directamente na campaña de crowfunding en gofundme.com.

Fonte

Comentarios