Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Unha colleita de sinaturas online para esixir o reinicio das obras da Autovía Costa da Morte

Unha colleita de sinaturas online para esixir o reinicio das obras da Autovía Costa da Morte
Colleita de sinaturas en Change para o reinicio da Autovia Costa da Morte

As últimas promesas da Xunta sobre a Autovía Costa da Morte data do pasado mes de decembro e afirmaban que as obras do treito Carballo-Baio da Autovía se retomarían a primeiros de ano. Polo de pronto non vemos máquinas retomando os seus postos nas obras a medio facer, e xa vai 1 ano e case 10 meses de parálise.

Xa non nos lembramos das promesas que aseguraban que a obra estaría finalizada no 2013 (...). Pero si nos lembramos nos Conselleiro ríndose da Costa da Morte retrasando o prazo ata 2016 sen facer mención algunha ás promesas anteriores.

Coa creba da concesionaria polo medio, algún que outro paso polo Parlamento e xa, alomenos 3 anos de retraso, aínda estamos esperando que as obras se retomen.

E parece que mentres non tomemos as rúas nada acontecerá. Pero terá que ser a cidadanía a que esixa esta vital infraestrutura para unha bisbarra tan illada como a nosa. Parece que comeza a mobilización e dende Camariñas abren unha colleita de sinaturas a través da Plataforma Change.org.

Trátase dunha directa petición á Xunta de Galicia para que "Reinicie as obras da Autovía da Costa da Morte XA!".
"A día de hoxe unha longa ferida en forma de inmensa gabia e lamazal percorre a Costa da Morte. Unha imaxe dantesca, fantasmal e ruinosa que ofrece o seu trazado".

Así que, a firmar!

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios