Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha cría de lobo mariño cincento aparece ferida en Camelle

Unha cría de lobo mariño cincento aparece ferida en Camelle
Unha foca no porto de Camelle-Foto-Maria Allones Aparecíu ferida esta cría de lobo mariño no porto de Camelle-Foto-Maria Allones

Corría o mediodía do pasado domingo cando varios veciños avistaban unha pequena cría de foca no porto de Camelle, preto da casa do Alemán de Camelle. A foca amosaba claros síntomas de cansanzo e un gran corte no lombo, que pode ter sido dun choque cunha hélice dunha embarcación.

Un veciño alertou ao 112 quen rapidamentene mobilizou á Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Maríños CEMMA, que chegou ao lugar arredor das 16:00h, quen recoñecían que se trata dun pequeno lobo mariño cincento. O CEMMA informaba de que ás 20:30h a lobo mariño xa estaba ingresado na súa Unidade de Coidados en Nigrán.

Máis novas sobre animais acuáticos

Fonte

Comentarios