Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha “Danza rosa” dende Camariñas para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama

Unha “Danza rosa” dende Camariñas para conmemorar o Día Internacional contra o Cancro de Mama
19_de_outubro_Dia do Cancro de Mama

O 19 de outubro é o Día Internacional contra o Cancro de Mama. E para conmemoralo, o Concello de Camariñas fai un chamamento a toda a veciñanza para participar nunah Danza Rosa, que levará a cabo, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro.

A cita será o sábado 20, e consistirá nunha ruta, con punto de saída na praza do concello e chegada ata o porto. Unha ruta na que todo o mundo vestirá camisetas e panos rosas.

O prazo para anotarse (polas mañás na Casa de Pedra ou no 653 262 055, finaliza o 10 deste mesmo mes.

Comentarios