Martes. 16.04.2024
El tiempo

Unha de Chocolate Mariño e un trío para os Premios de Carballés e Bergantiñán do Ano

Unha de Chocolate Mariño e un trío para os Premios de Carballés e Bergantiñán do Ano
Entrega dos Premios Bergantinan do Ano Entrega dos Premios Bergantinan do Ano

Deu a coñecer esta fin de semana o Padroado Fogar de Bergantiños os seus premios anuais para o 2015. Uns premios que recoñecen a labor das xentes da zona para co desenvolvento social, cultural e económico. Nunca foran tan igualados os votos das 42 asociacións que votan, pois por primeira vez, o premio do Bergantiñán do Ano será compartido a tres bandas. O malpicán Xelucho Abella, a Asociación Senda Nova e a AECC (Loita contra o Cancro) comparten a honra de recibir o galardón de Bergantiñán do Ano 2015.

Ademais, Chocolates Mariño recibiu o premio de Carballés do Ano, mentres que o Galego do Ano foi para o Equipo de Transplantes do CHUAC.

Aquí vemos as razóns do Padroado.

Galego do Ano: O Equipo de Trasplantes do CHUAC

Equipo de trasplantes do CHUAC Equipo de trasplantes do CHUAC

O Equipo de Trasplantes do CHUAC bateu en 2015 o seu propio récord de transplantes, destacando o incremento nos transplantes de pulmón. A solidariedade dos doantes, así como o gran traballo médico do equipo, do que é coordinador Antón Fernández, converten nun referente da asistencia sanitaria pública a este grupo de profesionais.  

Carballés do Ano: Chocolates Mariño

Chocolates Marino un tesouro artesanal de Carballo Chocolates Mariño, un tesouro artesanal de Carballo

Fundada no ano 1927 por D. José Mariño Pensado, é unha das poucas empresas en toda España que continúa a día de hoxe co proceso de elaboración tradicional do chocolate. Enfronte á Casa do Concello de Carballo, Chocolates Mariño, tras noventa anos de tradición, segue elaborando un excelente chocolate baixo a batuta do fillo do fundador, D. Severino Mariño e a súa familia. E non hai que esquecer que tamén seguen a producir velas de cera.

 

3 Bergantiñáns do Ano

Xelucho Abella, Senda Nova e ACCER Bergantiñáns do Ano 2015 Xelucho Abella, Senda Nova e ACCER Bergantiñáns do Ano 2015

- Xelucho Abella
Natural de Malpica de Bergantiños, é licenciado en teoloxía, filosofía e ciencias da educación. Dou clase de filosofía a moitos mozos de mozas da Comarca de Bergantiños. É escritor de literatura infantil e libros relacionados coa comarca, entre outros “Gundar e o cabalo de oito patas”, “A cidade maldita”, “A ermida do diaño”, ou “As aventuras de Pelusa”, libro reeditado hai dous anos. Tamén publicou unha guía turística de Malpica. Alonxado da docencia e da escritura, continúa a ser un referente no ensino e na cultura da nosa Comarca.

- Asociacións de loita contra o Cancro da Comarca de Bergantiños
As Xuntas Locais da Asociación Española Contra o Cancro, veñen desenvolvendo desde hai anos na nosa Comarca unha gran labor social de concienciación, axuda e recadación de fondos para a investigación e tratamento das enfermidades de cancro.

- Asociación Ambiental Senda Nova:
É unha entidade sen ánimo de lucro composta duns 40 socios, principalmente das comarcas de Bergantiños e Soneira. Ten como obxectivos principais a protección e posta en valor do patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico, sobre todo destas comarcas. Deste xeito, véñense levando a cabo diversos proxectos de posta en valor do noso patrimonio.

 

Novas relaciondas

Fonte

  • Diario de Bergantiños.

Comentarios