Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha de Vitaminas para o galego dende Carballo con xornalismo e música

Unha de Vitaminas para o galego dende Carballo con xornalismo e música

Tremenda a proposta do Concello de Carballo co gallo das Letras Galegas e no marco da campaña de máis de 30 medios de comunicación en galego Vitaminas para o Galego. O Concello carballés tomou o nome da campaña e artellou un festival con denominación de orixe.

O Festival servíu para facer entrega do VIII Premio de Artigos Normalizadores, que foi para Carlos Callón, pero quen non puido acodir. Un certame que só con existir, nos días que corren, xa é todo un éxito, como resaltou o premiado nunha carta enviada e lida no seu nome.

A cita estivo presentada por unha sempre espectacular Paula Carballeira, unha muller que só con abrir a boca xa dá vitaminas ao galego. Paula destacou que a cultura si se come, ou que polo menos somos moitos en Galicia os que comemos dela.

Paula presentou a Evencio Ferreiro, alcalde carballés, e Ubaldo Cerqueiro, redactor desta casa que acodía en representación dos medios que organizan a campaña. Ambos leron o Manifesto de Vitaminas, ese que xa podedes ver en 17 colexios, 17 concellos e 17 países a través do videowall creado para a memsa.

Vitaminas a golpe de música

Tomou o relevo a tremenda Sés, ou María Xosé Silva e Tito Calviño, que estiveron realmente espectacularer. A forza desta muller é alucinante, e co seu auténtico ghallegho, levounos o polo mundo a través dos seus blues americanos de arriba, ou as súas rancheiras americanas de abaixo, pasando como non, polos cantares do país.

Arroupada pola súa familia bergantiñá, e por un coro cerdedán que se sabía cada unha das cancións, Sés petou nas consciencias de cada presente (por certo, vaia bulir de xente nese Pazo da Cultura de todos os veciños). E o fixo falando da muller, falando da lingua, falando das súas experiencias persoais, dende a tristura e dende a alegría, dende unha bachata de amor non correspondido a un rock optimista do máis cañeiro. Todo, como non, en verdadeiro ghallegho.

Tremenda foi a súa declaración sobre Galicia Bilingüe. I é que segundo apuntou, Sés foi denunciada pola entidade por tocar unha pandeireta nunha manifestación, e pide, nada menos, que 3 anos e 1 día de cárcere. "Que non te metan medo", deixou claro Sés despois de mandarlle un par de recados a modo de peinetas á súa querida Gloria Lago.

Máis información


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios