Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Unha Escola de Verán distinta na Fundación Eduardo Pondal

Unha Escola de Verán distinta na Fundación Eduardo Pondal

Todos os sábados, aquelas persoas que queiran que os seus fillos, de máis de tres anos, pasen un verán divertido e á súa vez didáctico poden realizar a inscrición na Fundación Eduardo Pondal. Unha Escola de Verán algo diferente da que prantexan os Concellos, con máis cultura e con máis compromiso, e vendo os novos monitores do ano pasado xa non nos quedan dúbidas.

Estas aulas inciaranse o vindeiro luns 16 de xullo e rematarán o venres 17 de agosto. As sesións desenvolveranse en horario de mañá aínda que hai algunha cita para todo o día ou mesmo para a noite.

Exposición literaria Lembranzas de Malpica

Por outra banda, durante a primeira quincena de xullo a lareira da Fundación Eduardo Pondal acolle unha exposición de textos do escritor Xosé González Reyes agrupados baixo o título “Lembranzas de Malpica”. Sobre estes textos realizouse o pasado sábado unha Cova Céltica na que se avogou polo rescate editorial dos mesmos.
Para iso creouse un grupo de investigadores formado por Xelucho Abella Chouciño, Xosé Manuel Varela, Adrián Abella Chouciño, Xurxo Alfeirán Chouciño, Xoán González Otero e Xosé Ameixeiras Lavandeira.

Novas relacionadas

Fonte

  • FEP.

Comentarios