Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Unha fábula moi ecolóxica

Unha fábula moi ecolóxica
Limpeza da praia de Reira de Mar de Fabula e PX-Foto-Sole

Pleno inverno e as iniciativas medioambientais non cesan na Costa da Morte. Mágoa que non sexan máis multidunarias, pero os 36 voluntarios que se achegaron ao Areal do Trece en Camariñas fixeron un traballo impresionante nesta xornada artellada polos grupos ambientalistas Mar de Fábula e Colectivo PX, coa colaboración do Concello de Camariñas.

Os voluntarios, ou "Guerreiros do Lixo", concentráronse no restaurante Ariño de Xaviña-Camariñas aben cedo pola mañá posteriormente partiron para a zona de Trece-Monte Branco, undos recunchos máis auténticos da Costa da Morte.

En total retiraron 60 sacos con 1.200 quilos de residuos divididos en dous grupos, os plásticos e outros materiais non biodegradables. O luns, operarios municipais recollerán os sacos para o seu transporte a Sogama.

Cómpre destacar que entre os voluntarios estaban o alcalde de Camariñas Manuel Valeriano Alonso e dous edís de grupo de goberno, Juan Carlos Canosa e Sergio Caamaño. Ademas, os promotores contaron coa colaboración da Demarcación de Costas e do Distrito Forestal de Vimianzo. 60 sacos con 1.200 quilos de residuos na limpeza do Reira

Máis limpezas

E non pararán aquí. Unha vez cada mes os dous colectivos teñen pensado realizar estas tarefas nas zonas de Nemiña, Tourinán, Traba de Laxe, Lobeiras, Carnota, Baldaio ou Barrañán, ao longo de todo o espazo protexido como LIC Costa da Morte

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios