Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha historia de Cráneos e Ósos na DeadCoast

Unha historia de Cráneos e Ósos na DeadCoast
Jay Malinowsky and DeadCoast na Costa da Morte

  • ”As historias das nosas vidas repiten como as mareas, as nosas vidas pasadas, os nosos antepasados. Todas as nosas pantasmas volverán a tempo”.

Menuda paranoia a que se montou o canadiense con raíces polacas Jay Malinowski ao pasar pola Costa da Morte. Xa o podedes comprobar no vídeo, pero é que a nosa bisbarra ten moito que ver na carreira deste artista.

A súa banda “Jay Manilowski and The DeadCoast” formouse nunha viaxe á fin da terra, en Fisterra, hai uns anos, de onde precisamente saíu o seu disco-concepto “Skulls & Bones” (“Cráneos & Ósos”). De feito, o disco nace onde morre o mar, nunha terra que describe como “intacta ao paso do tempo”.

Xa vedes que ese “DeadCoast” (Costa Morta) non é o mesmo que “Death Coast” (Costa da Morte) pero a influencia da nosa bisbarra é directa. De feito, Jay conta a historia en todos os seus concertos, a historia do “O inglés”, o vello mariñeiro, o “único” estranxeiro que acabou vivindo por aquí, e que se fixo amigo de Ana. Ana, un día descubriu unha marea de cartas nunca enviadas aos seus familiares, e recuperando a historia do seu nome, chegaron nada menos ata a persecución do protestante Hugonote polo católico Luís XIV. Foi aí cando Martel, o ancián, puido escapar ao Novo Mundo e acabou na fin da terra. Pero, Who is Martel?


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios