Martes. 23.04.2024
El tiempo

Unha nova Asociación salva o Mercado Medieval de Corcubión

Unha nova Asociación salva o Mercado Medieval de Corcubión
Xa está creada a Asoc. Organizadora do Mercado Medieval "Costa da Morte", que salvará a festa histórica máis singular da bisbarra. A entidade nace trala reunión do pasado mes de decembro entre concello e forzas vivas do pobo corcubionés. Jose Ramón Piñeiro será presidente e Talo Cespón será o vicepresidente. A entidade contará ademais coa colaboracion de outras asociación (San Andrés de Canle, Airiños de Quenxe e Por unha Vida sen Drogas) para a solicitude de subvencións, ademais de moitos veciños que xa participaban na organización do evento. Ademais outras entidades como Cataventos Escola de Vela ou Amigos do Porco Celta tamén participarán activamente na organización da festa. A nova entidade quere agradecer ás asociacións que formaron e deron vida ao mercado medieval durante estes anos. A asociación espera estar á altura e para elo sabe que pode contar coa colaboración de todo ese equpo que fixo posible o soño de trasladar a vila ao medievo. Deste xeito xa podemos dicir que a vila de Corcubión prepárase para XI Mercado Medieval Costa da Morte que neste 2011 se celebrará os días 22, 23, 24 de xullo!!!!!!

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Nota de prensa Asoc.Organizadora Mercado Medieval "Costa da Morte", da man do seu presidente José Ramón Piñeiro Rodríguez.

Comentarios