Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha nova documental pechará a triloxía sobre o mar de Laxe

Unha nova documental pechará a triloxía sobre o mar de Laxe

Impresionante e precioso o traballo de dignificación de Mardelaxe sobre a Costa da Morte e o seu arrecendo a mar.
Primeiro, aló polo 2008, chegou Naufraxio. No 2009, fixéronnos chorar con Os soños do Mar. E en breve comezará a rodaxe da nova documental que completará a triloxía sobre a vida no mar de Laxe. Tras “Naufraxio” e “Os soños do mar”, “Caderno de bitácora” conta a vida dun fillo dun náufrago.

O proxecto da triloxía sobre a vida no mar da Costa da Morte é un proxecto que nace de Mardelaxe, baseado na dinamización turística mariñeira de Laxe. Aí é cando sae á escena a idea das documentais “Naufraxio” e “Os Soños do Mar”. E en breve farase realidade a nova documental que complete a triloxía: “Caderno de Bitácora”.

Así, estas semanas comezará a rodaxe da mediametraxe "Caderno de bitácora". O protagonista desta volta é Xan Lestedo, o fillo do mariñeiro morto en Naufraxio. En setembro agardan telo completado. Esperaremos ansiosos.

Un pouco de historia

Dani López, da produtora Mandeo Records, comezaba naquel 2008 con Naufraxio, a historia dun mariñeiro, que un día despediuse da súa muller, antes de saír ao mar, cunha corazonada: sabía que algo ía suceder. A historia repítese: "esa mesma noite, sufriu un naufraxio. Co paso dos anos, ese mariñeiro envelleceu como náufrago no leito mariño, mentres a soidade consumía á súa esposa".

Esta primeira curta tería continuidade coa longametraxe documental Os soños do Mar, centrado no impacto social dos naufraxios na Costa da Morte.

Os soños do Mar

E para que nos vos olvidades achegamos ata aquí as primeiras partes da documental Os Soños do Mar:

Os soños do mar (1/3)

Os soños do mar (2/3)

Os soños do mar (3/3)

Naufraxio

E tamén vos deixamos constancia da documental coa que todo comezou.

Novas relacionadas

A Cara máis íntima do naufraxio

Novas do audiovisual costeiro

Vídeos de Galinus.tv

Vídeos naturais de Francisco Santiago López

Fonte

Comentarios