Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Unha ocasión para coñecer os cogumelos comestibles da Costa da Morte

Unha ocasión para coñecer os cogumelos comestibles da Costa da Morte

Tempo de cogumelos, e mentres agardamos novidades para as Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte da Asociación Pan de Raposo, imos ata a Feiranova, Coristanco para coñecer a proposta na materia deste ano do Centro de Formación Rural EFA-Fonteboa.

No marco do seu Programa de actividades para este outono 2011, atopamos as interesantísimas IV Xornadas Micolóxicas, que se celebran a fin de semana do venres 28 e sábado 29 de outubro.

A presentación coincidirá coa charla sobre as variedades comestibles da Costa da Morte a cargo de J. Carlos Lauroba, que será o venres ás 19:30h. Para o sábado, ademais do roteiro micolóxico maturino, farase unha selección e un xantar coa colleita. Que mellor maneira de adestrarse no mundo da micoloxía e coñecer cousas prácticas sobre os cogumelos.

Información e inscrición

A inscrición custa 10€ para adultos e 5 para nenos, e poden facelo chamando ao 639 630 152.

Máis información

Novas relacionadas

Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote

Fonte

Comentarios