Imprimir

Unha polémica remodelación do Porto de Caión cunha terraza no punto de mira

que pasa na costa | 16 de maio de 2012

Non para o moderno proxecto de remodelación a pesar da polémica xerada ao seu redor, e a pesar de que o Tribunal de Contas xa investiga a Rosa Quintana, ao Alcalde de Laracha e a Evaristo Lareo (recentemente renomeado Presidente da Fed. de Confrarías de Galicia. Xa pasou un ano dende as primeiras denuncias, pero a polémica segue presente.

Hoxe é a Asociación Punta da Senreira a que sae á voz pública. Lembra as "denuncias contra o uso irregular do chan na entrada ao Porto de Caión" e sinala que "Caión volve ás andadas baixo o incumprimento da Normativa de Terrazas que o alcalde négase a facer cumprir".

Segundo a entidade "a terraza denunciada saca cadeiras e mesas de debaixo das pedras. O aparcadoiro dos usuarios da Lonxa de Caión, é un exemplo. Onte ao mediodía, só nesa zona, había varias mesas montadas nos seus aparcadoiros". Así, destaca que "o Concello de Laracha non concedeu a licenza de terraza por que baixo a normativa é imposible a súa autorización".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Asociación Punta da Senreira.
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/costa-da-morte/unha-polemica-remodelacion-do-porto-de-caion-cunha-terraza-no-punto-de-mira/20120516070828070474.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA