Unha polo Almirante Mourelle da Rúa
18:54 25/10/10
Esta pasada fin de semana o Concello de Ponteceso, o pobo de Corme e de toda a Costa da Morte, rendíu unha linda e emotiva homenaxe a un dos persoeiros máis importantes da historia da bisbarra. O Almirante Mourelle da Rúa, gran mariño cormelán e descubridor do século XVIII, celebraba o seu 260 aniversario en compañía da Asociación Histórico-Cultural Gran Armada, dos membros do Concello pontecesán e de todo o pobo cormelán.
A sesión, á que acodiron preto de 500 persoas, tivo como protagonista ao busto de Mourelle, obra de José Manuel Castro, escultor de Vilasuso, da parroquia de Cores. Tamén houbo música, da man da Corla Brisas do Mar de Corme e mais da Banda de Música Eduardo Pondal
Guías
O Concello de Ponteceso vén de publicar dúas biografías sobre Mourelle da Rúa. Unha baseada na súa persoalidade e outra baseada nos seus decubrimentos e viaxes. Estas biografías poden adquirirse gratuitamente na Oficina Municipal en Corme e están destinadas a divulgar a persoalidade e traxetoria de Mourelle como un gran descubridor español do século XVIII.Máis información
- www.elgrancapitan.com: Mourelle da Rúa: El gran olvidado.
- Asociación Gran Armada.
- Elección Histórica: O Almirante Mourelle.
- Corme.net: A vida de Mourelle [pdf].
- Ponteceso.net: Biografía de Mourelle.
Novas relacionadas
- A Costa inmortaliza os 250 anos do Almirante Mourelle.
- O Almirante Mourelle por Xosé Mª Lema Suárez.
Máis novas
Fonte
|