Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Unha Rosa e un idoliño por Corcoesto

Unha Rosa e un idoliño por Corcoesto

Recuperamos hoxe un par de novas sobre a mina de ouro de Corcoesto, logo desta semana de pronunciamentos municipais. E imos con Bocixa, que saca a súa cámara para grabar unha documental máis sobre o polémico proxecto. Traemos así esta Rosa en forma de Documental e un idoliño que nos descobre o Petón do Lobo.

Documental "Rosa de Corcoesto"

Xa ollamos o comezo da documental "Tesouro de Corcoesto", e hoxe da man da Plataforma Miriades, podemos ver nova proposta de entrevistas sobre a mina.

"Rosa de Corcoesto é título, e deixa falar a opositores e partidarios do proxecto, para que falen, que se expresen:

Teaser de "Rosa de Corcoesto

Documental "Rosa de Corcoesto


“Pedra Peculiar ou Altar” e “Idoliño ou Deidade” do Val do Río Lourido

Posibles altar e Idoliño funerario atopados en Corcoesto-Fotos-Petón do Lobo

O Val do río Lourido, no termpo municipal de Cabana, e moi preto da zona de Corcoesto é desde fins de xuño do presente ano, berce da figura atopada no mesmo, ao pé da denominada “Pedra Peculiar”, para algún experto (Altar de Culto ao Deus Reve), en lingua prerrománica “río”, deidade universal celeste e neste caso, acuática, que fai referencia a un probable culto as augas do lugar e a riqueza fluvial do Val do Río Lourido.

Asi nolo contan dende a Asociación Petón do Lobo, renacida para esta loita contra a mina, e que estudia someter a exame de especialistas n arqueoloxía estas novas pedras atopadas: unha figura humana ou deídica, de posible orixe prerrománica, atopada ao pé da Pedra Peculiar de Lourido.

A Xunta xa estás informada do achádego desta figura, que pode ser un "idoliño" funerario.

Mentres, a ubicación da “Pedra Peculiar” e a súa relación con “Reve” e o seu altar, aínda por determinar definitivamente, constitúe tamén a delimitación xeográfica e a súa vez de unión co limítrofe concello de Coristanco.

Tanto a “Pedra Peculiar” como a figura deídica ou humana (talla de lousa tosca), foron atopados no mes de xuño do presente ano, mentras se estudaba a presencia da Canle romana dos montes de Corcoesto, e a ágoga ou gabia, lugar onde desemboca ésta, e os romanos seleccionaban o material aurífero que arrastraba a auga, mediante o emprego do método de ruina montium.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

Documental Rosa de Corcoesto

Comentarios