Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Unha tenda de telefonía de Cee e unha oficina bancaria de Corcubión sofren sendos roubos en unhas horas

Unha tenda de telefonía de Cee e unha oficina bancaria de Corcubión sofren sendos roubos en unhas horas
Roubo na tenda de Orange de Cee Os atracadores entraron pola parte de atrás da tenda de Orange de Cee Roubo na tenda de Orange de Cee 2 Os atracadores romperon unha verxa e a ventá Dous roubos acontecidos nas últimas horas inquedan á veciñanza de Cee e Corcubión. Dous feitos realizados con distintos modus operandi que poñen de manifesto que son dous episodios diferenciados. De madrugada, era a tenda de Orange Cee, situada na rúa Domingo de Andrade, na mesma praza do Concello, a que sufría un roubo. Segundo nos informan os responsables, os atracadores entrarían pola parte traseira, a zona do almacén, unha rúa sen saída, rompendo unha verxa e unha ventá. A Garda Civil chegou primeiro, e agora mesmo segue en proceso de investigación, polo que os propios traballadores aínda non puideron acceder á tenda para saber se os atracadores levaron material informático e/ou cartos. A primeira hora da mañá, a alerta desprazouse ata a veciña vila de Corcubión. Concremente ata a oficina de Abanca, situada en pleno paseo. Alí, xusto á hora da apertura, un home de acento estranxeiro entraría cunha arma branca (aseguran que se trataba dun cúter) e levaría tras varias ameazas preto arredor de 2.000€. Afortunadamente non houbo danos persoais nin materiais.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/detenen-ao-autor-de-27-roubos-en-vehiculos-por-bergantinos/

Comentarios