Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Carballo tratou 424 casos en 20191

UAD - Unidade Asistencial de Drogodependencias Carballo
UAD - Unidade Asistencial de Drogodependencias Carballo
A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Carballo tratou 424 casos en 20191

424 persoas acodiron o ano pasado á Unidade Asistencial de Drogodependencias de Carballo, sendo case un centenar novos usuarios. Un servizo que existe dende 1994, e do que se benefician persoas do 15 concellos de Carballo, Camariñas, Fisterra, Malpica, Cee, Laracha, Muxía, Ponteceso, Coristanco, Laxe, Cabana, Vimianzo, Zas, Corcubión e Dumbría.

Para axudar no mantemento a Deputación da Coruña destina 30.000 euros, permitindo así que siga ofrecendo servizos de tratamento e prevención de consumo de drogas e alcohol, programa de incorporación social personalizada, actividades de investigación, docencia e coordinación con outros servizos sanitarios e sociais coma centros de saúde, centros penitenciarios ou servizo de Psiquiatría do CHUAC.

No seu cadro de persoal conta con médico, enfermeira, psicóloga, traballadora social e persoal administrativo para prestar unha atención integral aos usuarios e usuarias, tanto no eido médico coma no psicolóxico e social.

Novas relacionadas

Comentarios