Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unindo Fervenzas na defensa do rural e en contra da invasión dos eólicos

Unindo Fervenzas na defensa do rural e en contra da invasión dos eólicos

Andaina contra os eolicos Carballo-Santa Comba-Cartel

O ano pasado tocaba desafiar as chuvias para demostrar a loita pola nosa terra. Este domingo 4 de agosto, centos de veciños dos Concellos de Carballo, Coristanco e Santa Comba e doutras partes de Galicia unirán as Férvedas de Entrecruces e as Fervenzas de Castriz para defender a singularidade do entorno rural e medioambiental dunha zona ameazada pola voráxine da implantación de macro- parques eólicos.

A Plataforma Non Eólicos Bustelo – Campelo – Monte Toural vén de convocar esta andaina reivindicativa, que partirá da férveda carballesa, ás 10:00h, e que rematará na fervenza xalleira. Un xeito de dar visibilidade a entornos naturais de gran beleza paixaxística e con grande potencial económico er natural. No trasfondo está a posible ubicación dun macro-parque eólico na zona que altere o territorio e a vida das súas xentes.

Colaboran no evento o Concello de Santa Comba e Protección Civil, habilitando un teléfono coa aplicación Whatsapp (663 728 968) e un formulario online para inscribirse.

Ademáis, dado que a Andaina é lineal, con saída en Vilela, e logo duns 10 km, chegada á fervenza de Castriz, o concello xalleiro porá á disposición un autobús, que recolla aos sendeiristas que o desexen en Castriz (no cruce de Acceso á Fervenza, ao lado do Cristo sorrinte), ás 9:15h da mañá para achegalos ata a saída, aínda que, por suposto, tamén se pode participar con medios propios.

Á chegada á fervenza, haberá distintas actividades culturais con regueifeiras e música tradicional, mentres os camiñantes compartirán unha merenda campestre.

Compre cubrir a inscrición online.

Novas relacionadas cos Eólicos

Comentarios