Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Unión Cidadá: “Ninguén presentou nunca un proxecto tan claro como o noso. Imos pola maioría absoluta”

Unión Cidadá: “Ninguén presentou nunca un proxecto tan claro como o noso. Imos pola maioría absoluta”
Victor Somoza lidera Union Cidada por Cee

PP, BNG, PSdG, IxCee e onte coñeciamos as propostas de Plácido García á fronte de Ciudadanos de Cee. A sexta forza que pelexará por algún dos 13 concelleiros do pleno ceense nas Eleccións Municipais de maio de 2015 será Unión Cidadá.

Víctor Somoza é avogado, licenciado en Dereiro, diplomado en Criminoloxía, e cun postgrado de Urbanismo, anda preparando dúas novas oposicións pois xa é funcionario, con praza fóra. Pero volve estes meses á terra para soñar con cambiar o panorama de parálise municipal que se vive nos últimos tempos na vila da Xunqueira. E chega con forza. “Imos facer unha campaña histórica, cunha política pensando nos cidadáns, dándolle unha volta de democracia, para poñerlle freo ao caciquismo. E o imos facer como nunha se fixo aquí, con propostas, cun programa completo e realista, e sen entrar en descalificativos”, sinala Somoza. “Temos o único programa claro e conciso para crear máis de 300 postos de traballo”.

Un cidadán que deixa claro que “a min non me interesa vivir da política, así que se podemos crear estas sinerxias en 4 anos e non en 8, marchamos e deixamos que o Concello siga o bo rumbo”.

Recoñece que andan “traballando moi duro, estes inicios son duros. Estamos falando con altas estancias con empresas a ver se afinquen en Cee, algo que tiveron que facer todos os que levan en política os últimos 20 anos”.

E ten miras altas: “Aspiramos á maioría absoluta e penso que é factible, polo proxecto claro e conciso que temos, pormenorizado de onde sae os postos de traballo. Ademais penso que o PP, PSOE ou IxCee son forzas que non queren traer postos de traballo a Cee, como fixeron vilipendiando a fábrica de tubos. Eles non crearon en 20 anos alternativas nin recursos para crear postos de traballo polo que non ten sentido seguilos votando. Somos a única alternativa posible e rueremos ser unha referencia a nivel comarcal”.

As Listas

A posta en escena aínda non está pechada. E sobre a lista, recoñece que “estamos intentando conseguir xente de todas as parroquias, e se ben non imos ter problemas para completala, non todo o mundo se compromete, e seguimos buscando xente para un proceso de cambio. Por agora, somos xente nova, a media de idade serán trinta e poucos".

Programa económico para crear 300 postos de traballo

”Na Costa da Morte non houbo un proxecto como o noso, pensando tamén na comarca, por exemplo nas bateas de Camariñas. Se a Costa da Morte vai ben, á Cee vaille ben”.

"O noso programa é transversal tocando o tema social (dependencia, emprego, nenos…) pero sobre todo con propostas económicas, que xa temos expostas na nosa páxina de Facebook Unión Cidadá. En materia social pensamos en poñer en marcha o Xeriátrico, o Centro de Día, a Ocioteca, a Gardería… iremos expoñendo todas as idades ao longo da campaña”.

Sobre o emprego, pon cifras na mesa: 300 postos de traballo en Cee. E o fai con varias propostas como “incentivar a creación dunha empresa de ocio cedendo ou facendo una concesión do monte comunal (empresa que ofrecería tiro con arco,globos aerostáticos, cursos de submarinismo, rutas de senderismo, surf, tirolinas…) (10 postos de traballo); “a posta en funcionamento dunha gardería con prezos razoables” (4 postos); impulsar a apicultura (2 postos); “alentar a creación de criadeiros de caracol” (4 postos); “creación de un comedor social” (6 postos); “creación dunha residencia de anciáns” (64 postos de traballo cada 100 residentes); “creación dun centro de día” (24 postos de traballo cada 100 persoas atendidas); “incentivar unha cooperativa agraria para surtir de produtos ecolóxicos ás grandes cidades” (20 autónomos e estas cooperativas teñen moitos tipos de axudas); “impulsar a creación de cooperativas gandeiras” (4 postos); “crear unha ocioteca” (4-5 postos); “promover a profesión de cabreiro para levar cabras ao monte e evitar incendios” (7 -12 postos); “solicitar dende o concello de Cee a concesión de 55 bateas na nosa ría (165 postos).

Novas sobre as Eleccións Municipais

Novas sobre as Eleccións Xerais

Máis novas políticas

Fonte

Comentarios