Xoves. 18.04.2024
El tiempo

CANCELADA: A USC expón ao alumnado de Bergantiños a súa oferta nunhas xornadas informativas en Ponteceso

  • Cancelado o acto polas medidas de contención ante coronavirus
USC en Ponteceso
CANCELADA: A USC expón ao alumnado de Bergantiños a súa oferta nunhas xornadas informativas en Ponteceso

Se a Universidade da Coruña Sénior chega á comarca de Soneira, a Universidade de Santiago faino en Bergantiños. A USC trae a Ponterceso, as súas xornadas achegamento á universidade, no marco do programa “A USC camiña”, os días 17 e 18 de marzo.

Unha cita na que o alumnado de secundaria e bacharelato dos institutos e colexios da comarca Bergantiños, e de Soneira, poderá coñecer de preto toda a oferta programática da universidade compostelá, para ter máis información á hora de elixir carreira.

O programa inclúe exposicións, mesas redondas, unha área de deportes e xogos, outra de obradoiros e investigación e 11 stands con información sobre titulacións e servizos da USC.

“A USC camiña” propón dúas xornadas cheas de actividades: o día 17, de 09:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, e o 18, de 09:30 a 14:00 horas, os mozos e mozas de toda a provincia poderán achegarse ás catro áreas nas que estará distribuído o espazo: escenario principal, onde se realizarán exposicións curtas e mesas redondas; área de deportes e xogos, onde poderán interactuar, dirixidos por monitores da USC; área de obradoiros e investigación, na que poderán colaborar na realización de actividades e talleres relacionados con distintas titulacións e a investigación, e 11 stands con información sobre titulacións de Ciencias da Saúde, Ciencias, Arte e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura, así como sobre distintos servizos da USC (oficina de información universitaria, cultura, residencias ou voluntariado, entre outros).É intención que da USC que a Feira de Orientación rote nos seguintes anos por outros concellos da zona que teñan IES. Aquí hai a información detallada e o formulario de inscrición.

Comentarios