Martes. 23.04.2024
El tiempo

Varios feridos en dous atropelos en Cee e Baio

Varios feridos en dous atropelos en Cee e Baio

Noite aciaga nas estradas urbanas da bisbarra. Dous atropelos deixaban varios feridos de consideración.

A primeira, ás 19:30h, acontecía na parte sur de Cee, na propia Avenida Fernando Blanco un pouco máis arriba do instituto. Dúas rapazas eran atropeladas por un turismo, e tiñan que ser atendidas polos sanitarios da ambulancia e Protección Civil. O tráfico tivo que ser regulado pola patrulla da Garda Civil e a Policía Local de Cee.

Pouco tempo máis tarde, na AC-552 no centro de Baio, un home era batido por un turismo cando cruzaba por un paso de peóns. Tivo que ser trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira.

Fonte

Comentarios