Imprimir

Un vaso de plástico, posible causa da morte doutro cachalote aparecido en Malpica

Redacción | 21 de novembro de 2020

Cachalote cheo de plastico varado en Malpica. Foto: CEMMA
Cachalote cheo de plastico varado en Malpica. Foto: CEMMA
Esta semana aparecía dous individuos de cachalote pequeno (Kogia breviceps) en Malpica. Unha femia adulta morta e o seu cachorro vivo. Foi un voluntario de CEMMA, Jose Manuel Pérez o que os atopou polo que rapidamente a Coordinadora activou un dispositivo coordinado co concello de Malpica para a atención ao cachorro. Fixeron canto puideron mentres se desprazaba ata alí unha das nosas Unidades Móbiles, pero acabou falecendo.

Segundo o CEMMA, “durante a necropsia da nai comprobouse a presenza dun vaso plástico no estómago que causara lesións na parede. Ante a ausencia de ningunha outra evidencia ou problema observable a simple vista, e á espera da análise histopatolóxica, esas lesións e as consecuentes molestias puideron ter sido a causa do varamento”.

”Volve a poñerse de manifesto que son as especies de grandes mergulladores como esta, ou os cifios ou o cachalote, as que se ven máis afectadas por esta problemática ao non ser quen de identificar estes obxectos como artefactos no seu medio”, relatan.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/malpica/vaso-plastico-posible-causa-da-morte-doutro-cachalote-aparecido-malpica/20201121094204123418.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia