Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os veciñ@s afectados polo parque eólico de Corme esixen o pago dos atrasos e dos "vuelos"

Imaxe do parque eolico de Corme
Imaxe do parque eólico de Corme
Os veciñ@s afectados polo parque eólico de Corme esixen o pago dos atrasos e dos "vuelos"

O proceso de desmantelamento do anigo parque eólico de Corme ficou parado o pasado mes de novembro trala serie de protestas veciñais publicadas en QPC. Onte volvía ao terreo a empresa subcontratada por EDP para volver a intentar retirar os vellos eólicos e comezar co proceso de substitución polos novos e máis potentes viraventos da repotenciación. Pero a veciñanza volveu prantar cara.

”Nós queremos que, antes de nada, a empresa se poña a falar con nós para saldar todas as débedas”, sinala un dos veciños afectados, que lembra que “ata agora, dende que en abril nos dixeran que ían saldar todas as débedas, non se moveu nada de nada”.

Porque moitos os que levan 20 anos sen cobrar un peso a pesar de ter terreos ocupados. Ademais, despois de moito tempo buscando, a Asociación de Veciños Eduardo Pondal vén de atopar documentos nos que se demostran que os “vuelos” das aspas tamén son terreo ocupado, unha situación que soe ser normal, pero que nos contratos do parque vello de Corme e no de Zas non viña especificado e non se estaban pagando.

A entidade comprobou que no DOG 160 do 19/08/1998, un dos apartados sinala que “as afeccións do parque eólico, os vuelos implican a servidume”, acreditando que o vuelo si que hai que pagalo como terreo alugado. Valoran que se o metro cadrado ocupado soe estar arredor de 1€, o do “vuelo” ronda os 50 céntimos. ”Hai moitos cartos en xogo”, explica un dos afectados, que contabiliza con que as indemnizacións atrasadas poden superar cifras de 5 ou 6 ceros.

Novas relacionadas co Parque Eólico de Corme

Máis novas

Comentarios