Venres. 19.04.2024
El tiempo

A veciñanza de Corme pide o arranxo da estrada ao Roncudo

Estado da estrada ao Faro Roncudo
Estado da estrada ao Faro Roncudo
A veciñanza de Corme pide o arranxo da estrada ao Roncudo

O estado da estrada ao Cabo Roncudo é de absoluto “descoido, pouco acorde ao paraxe singular polo que transcorre”. De aí que a Asociación de Veciños “Eduardo Pondal de Corme” pida ao Concello tomar medidas. A entidade é consciente de que a estrada pertencente á Autoridade Portuaria da Coruña, polo que lle propoñen ao alcalde que “unamos forzas para requerir que se leven acabo tareas de desbroce e mantemento da estrada, da que xa non se ve o carril bici orixinario, sinalización vertical e horizontal, e comeza agretarse en diversas partes do seu percorrido”.

Así mesmo, ”ante a pasividade da Autoridade Portuaria no coidado da estrada, rógolle que estude a posibilidade de que esta poida ser transferida ao municipio, para que o mantemento poida facerse con plans provinciais e o desbroce entre no plan de debroce anual de pistas do Concello.

Comentarios