Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os veciños de Cabana volveron pedir a dimisión do alcalde pola especulación urbanística

Os veciños de Cabana volveron pedir a dimisión do alcalde pola especulación urbanística

O pasado 24 de febreiro realizaban a primeira concentración ás portas do Concello. Este pasado sábado 9 de marzo, volveron xuntarse medio centenar de veciños na praza de Neaño (Cesullas) para pedir a dimisión do alcalde pola política urbanística.

“Onde van as nosas parcelas edificables e os muros de cierre das nosas fincas? Non sabemos” berraba o manifesto. Non saben pero si que o sospeitan esas zonas edificables do novo PXOM situaranse na zona da Carballa onde supostos ”amigos” do alcalde están construíndo novos chalés.

A veciñanza critica a política urbanística do “tira cá pala cara adiante”, sen respetar os muros e valados de cerres das fincas, sen expropiar e nun claro abuso de poder que prexudica seriamente ás persoas afectadas.

Un manifesto que se lembra do “orzamento Concello de desgoberno, que vai en soldos para avogados e procuradores polos moitos pleitos dos alcaldes”.

Recordaron que a parroquia de Neaño non ten nin auga nin rede de sumidoiros públicos… “Onde van os cartos?” pregúntanse. Tamén preocupa á veciñanza que o litoral cabanés teña fallos de saneamento, e siga cheirando, a pesar dos máis de un millón de euros supostamente investidos nas obras de saneamento.

Por todo iso, a veciñanza berrou alto e claro o “Fóra xa da Alcaldía!”, ao tempo que se preguntaban ”Onde van os partidos da oposición que levan 16 anos sen traballar neste concello”. “Non sabemos”, volvían responder.

Comentarios