Venres. 29.03.2024
El tiempo

Veciños de Corcoesto recollen firmas contra a “manipulación informativa de La Voz de Galicia en Carballo

Veciños de Corcoesto recollen firmas contra a “manipulación informativa de La Voz de Galicia en Carballo
Delegación de La Voz de Galicia en Carballo Delegación de La Voz de Galicia en Carballo Nova mobilización social en Cabana. Desta volta son varios os veciños os que comezaron unha recollida de firmas para criticar a manipulación informativa que está realizando o alcalde de Cabana, a través da edición de Carballo de La Voz de Galicia. Lembran a posición que adoptou o xornal co fallido proxecto da mina de ouro de Corcoesto, primando unha e outra vez as informacións da empresa canadense Edgewater e a súa filial sobre os intereses veciñais. Agora, consideran que "este xornal está a desinformar con total impunidade sobre os presuntos casos de corrupción municipal que afectan ao alcalde do PP José Muiño Domínguez". Denuncian que este medio informativa actúa como "La Voz do alcalde", tras publicar que José Muiño Domínguez "síntese vítima da persecución dun grupo de veciños" tras ser denunciado doblemente por supostas irregularidades. Os veciños lamentan "as informacións xornalísticas interesadas que durante anos levan publicando os redactores da edición carballesa". Por iso, anuncian o inicio dunha recollida de sinaturas que levarán ata o Presidente da Xunta, á Valedora do Pobo e tamén trasladarán ao Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. "Seguiremos loitando con dignidade dende as distintas asociacións da parroquia e apoiando as denuncias da Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, tanto contra a mina de ouro de Corcoesto como das presuntas irregularidades que en calquera momento se leven a cabo por parte do Concello", apuntan.  

Fonte

Redacción de QPC ([email protected])   https://quepasanacosta.gal/o-alcalde-de-cabana-investigado-tamen-por-falsedade-documental/

Comentarios