Martes. 16.04.2024
El tiempo

Veciños de Fisterra protestan pola cercanía ás vivendas dunha antena de telefonía

Veciños de Fisterra protestan pola cercanía ás vivendas dunha antena de telefonía
A antena de telefonía instalada no centro de Fisterra A pasada mañá de mércores, un grupo de veciños de Fisterra da rúa Patres, mantiñan unha reunión co alcalde, Pepe Marcote, para trasladarlle a súa preocupación pola cercanía dunha antena de telefonía móbil. A semana pasada aínda se ampliaba a torre que leva anos instalada, e os veciños cren que algún caso de cancro na rúa se pode deber á súa eterna presencia. Unha dúbida que, en todo caso, carece que base científica comprobada, como mesmo recoñecen asociacións vinculadas ao cancro. Xa leva sendo polémica case que 20 anos, por estar no medio e medio da vila, se ben a realidade é que Movistar (a propietaria pero son varias as compañías que a usan) conta con todos os permisos. O Concello leva intentando facer unha ordenanza relativa ao impacto sobre o casco vello e o Camiño, pola cal se daría unha moratoria para buscar unha ubicación, pero segundo informaba onte o alcalde aos veciños aínda facendo a ordenanza sería complicado sacar a antena de aí, porque só se aplicaría para a instalación de novas antenas.

Banda ancha na Anchoa

Paralelamente, a Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra volve presentar un novo escrito no Concello solicitando que o Concello de Fisterra realíce os trámites necesarios ante a Xunta de Galicia para que todos os veciños e empresas de Fisterra poidan ter acceso a INTERNET DE BANDA ANCHA nun futuro próximo.

Comentarios