Venres. 29.03.2024
El tiempo

Veciñ@s polo mundo: "Os amigos de California xa saben onde se comen os mellores percebes do mundo"

Veciñ@s polo mundo: "Os amigos de California xa saben onde se comen os mellores percebes do mundo"
Rosana Ourens Chans de Corme a CaliforniaRosana Ourens Chans de Corme a California Rosana Ourens Chans, de Corme a California Que delicia de sección esta. Xa temos viaxado por China, Brais, Inglaterra, Australia, Suíza, Alemaña, Noruega, Barcelona, NYC e mesmo temos atravesado os 7 mares. Hoxe toca volve a EEUU, pero cambiamos o Atlántico polo Pacífico, que queremos coñecer as míticas praias de California. Así que imos xa da nosa Galifornia a Californa de Rosana.  
  • QPC: Como te chamas?
Rosana Ouréns Chans.  
  • QPC: De onde es?
De Corme.  
  • QPC: Onde vives agora?
En Monterey, California. Rosana Ouréns Chans nun lugar máxico de California Rosana Ouréns Chans nun lugar máxico de California  
  • QPC: Por que motivo te trasladaches aí?
Por traballo. Doutoreime en bioloxía mariña no 2013. Despois dun tempo buscando traballo, a Fundación Juana de Vega (en Oleiros) otorgoume unha beca para facer un estudo postdoutoral aquí en Monterey.  
  • QPC: Canto tempo fai que te mudaches?
Case dous anos.  
  • QPC: En que traballas?
Traballo en Hopkins Marine Station, a estación mariña da Universidade de Stanford. A miña liña de investigación é a avaliación e xestión das pesquerías artesanais. O obxectivo do meu grupo é promover actividades pesqueiras que  preserven o bo estado dos ecosistemas mariños ó mesmo tempo que favorecen o desenrolo social e económico das comunidades costeiras.   
  • QPC: Que é o que máis botas de menos da Costa da Morte? Tes morriña?
Boto de menos ir comer á praia coa familia, as rondas de cortos cos amigos por Corme, as verbenas do verán... En definitiva, pasar tempo coa familia e amigos. Claro que teño morriña! E eso que estou moi contenta en Monterey. A xente é moi amigable e o sitio é precioso. Pero estou moi lonxe e a morriña é inevitable!  
  • QPC: Manteste ao día da actualidade costeira? Como?
Sí. Moitas veces aínda me entero das novedades antes cos meus pais en Corme! Comunícome coa miña familia e amigos tódolos días, xa sexa usando Skype, whatsapp ou facebook. Tamén teño a costume de ollar algún xornal rexional e nacional polas mañás mentras almorzo.  
  • QPC: Cantas veces ao ano viaxas a casa?
Unha ó ano. Xa me toca pronto!  
  • QPC: Que tal embaixador es da túa terra? Canta xente tes traído de aí a visita a Costa? A canta lle tes falado dos nosos recunchos?
Pois polo momento trouxen xente da Costa a California, pero non á inversa. Eso sí, os meus amigos de aquí poden situar Corme nun mapa (ou polo menos Galicia) e saben onde se collen os mellores percebes do mundo.  
  • QPC: ue diferencias máis grandes atopas entre o teu novo lugar de residencia e a Costa da Morte?
Acabaría antes contando as semellanzas! Para min as principais diferencias están na cultura. A linguaxe, pero tamén as relacións sociais, os valores, etc. son moi diferentes. E con esto non quero dicir que un sitio é mellor que outro! Quedaríame con algunhas cousas dos californianos e outras dos galegos.  
  • QPC: Que cousas importaría para a Costa da Morte e que cousas levarías de aquí para aí?
Para California traería o que boto en falta: familia e amigos! Tamén importaría o xamón ibérico, e xa postos a pedir, un pouco da choiva, que en Galicia sobra e aquí non chega. Para a Costa da Morte importaría a conciencia ambiental dos californianos e a súa relación coa natureza. Case todo o mundo que coñezo realiza algunha actividade ó aire libre: buceo, surf, kayak, paseos en bici pola costa, sendeirismo. Promovendo este tipo de actividades, a xente en California valora máis os seus paraxes naturais e os protexe para poder disfrutalos.  
  • QPC: Cóntasnos algunhas anécdotas que che aconteceron por aí?
Pois nunha reunión de traballo conocín a un Canadiense que estuvera de vacacións en España. Countoume que ó chegar faláronlle dunha famosa festa gastronómica de marisco en Galicia, e que para alí se foi. Non se acordaba do nome do pobo, só que estuvera borracho tres días e que vestira unha camiseta de cor rosa xunto con un grupo de xente local. Por suposto, estivera en Corme na festa do Percebe! Tamén coñecín a un coreano que se chama Paco, fala galego, e conoce a historia da nosa lingua moito mellor ca min! O máis interesante é que nunca viviu en Galicia.  
  • QPC: Atopácheste con algún veciño costeiro máis? Xúntaste con galegos ou costeiros habitualmente?
Os galegos estamos en todas partes e Monterey non é unha excepción! Teño amigos de A Coruña, Cangas, Santiago de Compostela e de Caión.  
  • QPC: Volverás á túa terra? Cando?
Non teño billete todavía pero espero ir de visita este verán. De forma definitiva non o sei todavía. Gustaríame voltar, pero as miñas posibilidades laborais son moi limitadas en España polo momento.  

Veciñ@s polo mundo

Estes son algúns dos amig@s que xa temos visitado polo mundo. Se queres contarnos a túa historia ponte en contacto en [email protected], polo Facebook Que pasa na Costa ou no whatsapp 637 704 893.

Outros artigos migratorios

Serie “De Carnota a Astoria: “Vin porque me trouxeron, non quería vir””, por Manuel Vilar

Fonte

Comentarios