Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Veteranos: Duelo de pichichis para acabar a Liga e xa dar paso á Copa

Veteranos: Duelo de pichichis para acabar a Liga e xa dar paso á Copa
O laxense Oscar Toja e Tonino do Agualada duelo de pichichis de Veteranos da Costa O laxense Oscar Toja e Toniño do Agualada protagonizaron un fermoso duelo de pichichis de Veteranos da Costa Oscar Toja do Laxe Pichichi de Veteranos en QPC A prensa QPC co pichichi laxense da man de José María Suárez

Remataron as Ligas de Veteranos co duelo de pichichis como gran protagonista da última xornada. O Club do Mar asegurara o título hai xa varias xornadas, e os descensos de Castriz e Hosgran serán respostos cos ascensos de Corcoesto, campión da 2ª, e Cabana.

Agora ben, a última xornada deixou a pelexa polo pichichi entre o laxense Óscar Toja e o coristanqués Toniño. Dous vellos coñecidos do fútbol costeiro modesto chegaban con 3 goles de diferencia para Toja ao choque deste domingo en Laxe. E non defraudou na casa o laxense, e anotou 3 goles para rematar con 28 como Pichichi da categoría, polos 24 de Toniño (marcou 2).

O Laxe de Veteranos fixo unha campaña regular O Laxe de Veteranos fixo unha campaña regular Imaxe do partido entre Laxe e Agualada de Veteranos Imaxe do partido entre Laxe e Agualada de Veteranos A prensa estatal non esqueceu ao pichichi laxense Óscar Toja

Na 2ª División, o malpicán Suso non deixou que Marco Aurelio, do Leiloio, o alcanzase, e coa tremenda cifra de 34 goles, superou os 34 de Marcos Aurelio e os 33 de Pouso, o xogador do Corcoesto que liderou a táboa durante boa parte da temporada.

Pichichis Veteranos Futbol da Costa 2016-2017 Así quedaron as táboas dos Pichichis Veteranos desta tempada 2016-2017

Pensando na Copa

E xa sen tempo, comeza a Copa da Costa de Veteranos, que teredes sempre actualizada en www.copadacosta.com. Arrinca a previa, con algún choque de especial interese, como o Coristanco-Club do Mar, ou o derbi vimiancés Vimianzo-Soneira.

O cadro da Copa da Costa de Veteranos, sempre actualizado en www.copadacosta.com O cadro da Copa da Costa de Veteranos, sempre actualizado en www.copadacosta.com

Novas relacionadas

Crónicas do ano pasado

Máis información en www.futboldacosta.com

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Colabora Modesto Parga.
  • Fotos e fotomontaxes de José María Suárez.

Comentarios