Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Veteranos: O San Román, Rei de Copas

Veteranos: O San Román, Rei de Copas
San Roman Rei de Copas da Costa de Veteranos copia O San Románn é o novo Rei de Copas da Costa de Veteranos

Alzouse o San Román ca 14ª edición da Copa da Costa de Veteranos, celebrada no campo das Pedreiras de Verdillo o pasado 9 de xullo. O cadro larachés sumaba a súa 3ª copa vencía ao Coristanco, rompendo así a igualada que mantiña co cadro verde.

A xornada completouse ademais cun fermoso partido entre os combinados de 1ª e 2ª División, e unha churrascada de confraternidade.

Publico nas Pedreiras para a final da Copa da Costa de Veteranos copia Moito público nas Pedreiras para a final da Copa da Costa de Veteranos

San Román - Coristanco (3-2)

San Roman na Copa da Costa de Veteramos 2017 copia
  • San Román: Añón, Bechi, Montero, Martín Fuentes, Álex, Óscar, Javi Fuentes, Santi, Berti, Chusca, Martín. Tamén xogaron: Pombo, Víctor, Marcos, Óscar, Avelino, Suso, Carlos, Loureiro, Zalo e Sebas.
Coristanco na Final da Copa da Costa de Veteranos 2017
  • Coristanco: Chapas, Chitín, Juan, Toniño, Valenza, Lorenzo, Mauri, Adrián, Zurdo, Iván, Moncho. Tamén xogaron: Tono, Suso, Luky e Ramón.
Coristanco e San Roman na final da Copa de Veteranos 2017 copia

Comezou espectacular o San Román pechando na súa área a un Coristanco que apenas aguantaba as embestidas dos azuis. A velocidade de Santi estaba a ser un pesadelo para a defensa verde, e así en 20 minutos o cadro larachés se metía con dous goles de distancia. E aínda que os de Cabovilaño ampliaron diferencias (1-3), o gol de Adrián (2-3) permitiu aos coristanqueses desplegar o seu mellor fútbol ata o descanso.

Na segunda, o San Román perfiriu nadar e gardala roupa. Moita loita no medio campo pero poucas chegadas, ata que nos últimos 5 minutos chegaron as mellores ocasións nas que meta Añón demostrou que aínda está en forma para xogar cos modestos, lucíndose a tiros de Carliños, e de Toniño na que foi a última gran ocasión, permitindo que o San Román sumase así o seu terceiro trofeo copeiro.

Santi Javi Fuentes e Sebas do San Roman copia Santi, Javi Fuentes e Sebas celebrando o título do San Román Coristanco subcampion da Copa de Veteranos 2017 1 copia Coristanco, subcampion da Copa de Veteranos 2017  

Partido de Seleccións: Selección de 1ª - Selección de 2ª (3-0)

Seleccion Veteranos da Costa 1 Division copia
  • Selección de 1ª: Miguel Álvarez (Milagrosa), Maikel e Cano (Bértoa), Mata (Castriz), Casca e Dubra (Hosgran), Fandiño (Dumbría), Baña (Porteño), Óscar Toja, Mouzo e Matías (Laxe), Chema, José Antonio Rey, Tony e Chupe (Ponteceso), Rubén e Padronés (Soneira), Óscar Suárez (San Lorenzo).
Seleccion Veteranos da Costa 2 Division copia
  • Selección 2ª: Nelson (Buño), Manolo (Nantón), Rama (Baio), Charlie, Jacinto e Víctor (Dep. Carballo), Mato e Javi (Cabana), Diego e Roberto (Poniente), Mutiu e Joshua (Malpica), Lito e Brandón (Sofán), Sergio (Fisterra), Pablo e Pouso (Corcoesto), Manu e Palermo (San Isidro).
  • Goles: 1-0, m.20: Óscar Toja; 2-0, m.35: Óscar Toja; 3-0, m.55: Cano.

Foi o pichichi laxense Óscar Toja o que rompeu a igualada que se viu no campo durante o prmieiro período. Os seus dous tantos puxeron en vantaxe aos da 1ª, permitindo aumentar a superioridade durante un segundo tempo no que tanto o pichichi laxense como Óscar Suárez foron os mellores dos seus. Polo bando de segunda destacaron Palermo e Víctor.

A festa rematou cunha boa churrascada no campo das Pedreiras.

Parrilada na final da Copa da Costa de Veteranos copia  

Novas relacionadas

Crónicas do ano pasado

Máis información

Fonte

Comentarios