Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Veteranos: San Lorenzo e Club do Mar, campións de inverno

Veteranos: San Lorenzo e Club do Mar, campións de inverno
Dous xogadores do San Lorenzo de Veteranos Dous xogadores do San Lorenzo de Veteranos, o campión de inverno

Rematou a primeira volta nas Ligas dos Veteranos. Unha primeira volta que deixa certas sorpresas, pero que se presenta como moi igualada na 1ª División e xa moi fraccionada na 2ª División.

O San Lorenzo sorprende nunha igualadísima 1ª División

O San Lorenzo campion de Inverno dos Veteranos O San Lorenzo, campion de Inverno dos Veteranos

Andan os favoritos de sempre, como son Coristanco, San Román ou Soneira, pola zona media, pero moi preto da parte alta, pois entre o líder e o 11º apenas hai 10 puntos de diferencia. O líder é o San Lorenzo, por agora o equipo máis firme.
Por detrás queda o Milagrosa, que despois de vencer precisamente ao San Lorenzo e encaramarse no máis alto, pegou un baixón nestas últimas xornadas. Ollo con este Dumbría que vai forte, pero é que tamén teñen as opción intactas os Agualada, Zas, Erbecedo, Coristanco, San Román, Soneira, Castriz e mesmo o Hosgran.

Os capis do Dumbria e Soneira-Foto-Veteranos Dumbria Os capis do Dumbria e Soneira-Foto-Veteranos Dumbria  

O ascenso case sentenciado

O Club do Mar campion de Inverno da 2 de Veteranos da Costa O Club do Mar campion de Inverno da 2ª de Veteranos da Costa

Como acontecía o ano pasado con Erbecedo e Agualada, este curso, Club do Mar e Porteño abriron rápido unha fenda, e se colocan como máximos favoritos ao ascenso e a pelexar entre eles polo título. O cadro caionés, estreando grupo costeiro, lidera cun punto máis que o Porteño, o único equipo das dúas categorías que non coñece a derrota.

A 8 puntos queda xa o San Isidro, comandando o grupo perseguidor, que o terá complicado para alcanzar aos dous de arriba.

Vellos coñecidos nos Pichichis

Richard do Club do Mar e Tonino do Agualada Pichichis dos Veteranos Richard do Club do Mar e Toniño do Agualada, Pichichis dos Veteranos

Non deixa de marcar o bo de Toniño. Unha marea de anos pasou marcando para o seu Coristanco, e este curso, despois de superar unha longa lesión, colócase como Pichichi da 1ª División con moita diferencia sobre os seus perseguidores, José Miguel Suárez (Dumbría), e outros coñecidos como Óscar Suárez e Pedro Gundín (San Lorenzo), o soneirán Miguel Figueira, ou Santi Cambón, do San Román.

Na 2ª, é o Richard, do Club do Mar, o máximo artilleiro, con 22 tantos, con moita vantaxe sobre Marcos Aurelio, do Leiloio, Rubén Pazos, do Vimianzo, Couto do San Isidro, Modesto Velo do Corcoesto ou Martín do Porteño.

Máis información en www.futboldacosta.com

Tempadas anteriores

 

Fonte

Comentarios