Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Veteranos: Unha xornada para decidir o campión e os representantes na Copa Galicia

Imaxe dun Zas-Roman de Veteranos desta temporada-Foto-Costa Futbol
Zas e San Román, no choque da primeira volta, xogaranse o título de Veteranos na última xornada- Foto-Costa Futbol
Veteranos: Unha xornada para decidir o campión e os representantes na Copa Galicia

Os resultados desta pasada fin de semana deixan que as Ligas de Veteranos se decidan na última xornada. Foron dúas as grandes sorpresas da xornada.

Por un lado, no Municipal de Vimianzo onde o Soneira caía ante o Bértoa, quedando sen posibilidades para loitar polo título e pola Copa Galicia, á que acceden os dous primeiros.

A outra gran sorpresa saltaba en San Pedro de Castriz, onde un necesitado cadro xalleiro para saír do descenso, endosou unha derrota ao líder, o Sporting Zas, que podería ter alzando o título de Liga sen vencese o partido. Así, o Castriz acadou a permanencia e a liga se decidirá este domingo 7 de abril, co Zas e San Román empatados a puntos, se ben o golaveraxe individual está do lado zaseiro, polo que se vence ao Corcoesto será o campión, faga o que faga o San Román nas Redondas.

Pero ollo, porque mirando a clasificación pode darse o caso de finalizar a liga con tres equipos empatados cos mesmos puntos. Para darse este caso, terían que empatar os seus partidos o San Román e o Sp Zas e gañar o San Lorenzo. Con este triplete de puntos iguais sería campeón de Liga o San Román e subcampeón o San Lorenzo, quedando fóra mesmo da Copa Galicia o Sp. Zas.

Na parte baixa, descenden a 1ª División A Piña (18 puntos), Bértoa (17) e Nantón (11), sendo o Nantón o máis goleado ata esta xornada con 93 goles recibidos e tan só 23 marcados.

Datos da División de Honra

O equipo más goleador é o Sp. Zas con 81 goles a favor, destacando ao seu máximo goleador Braulio que leva marcados 29, tanto goles como marcaron todo o equipo do Ponteceso, ou máis goles que todo o equipo do Cabana ou o Castriz.

O equipo que máis veces empatou é o Castriz con 7, seguido do Corcoesto e A Piña con 6.

O título, tamén en xogo na 1ª División

Veteranos do Mazaricos

En 1ª, lidera a clasificación o Mazaricos con 53 puntos, seguido do Razo con 51. Os dous equipos, xa ascendidos, loitarán polo título. Ao Mazaricos bastaralle o empate ante o Leiloio para alzarse co título na súa primeira temporada en competición.

O terceiro equipo para a outra praza en Division de Honor, sairá dunha promoción onde van xogar o Corme, Malpica, Sofán, e ou Leiloio ou Dep. Carballo. Esa última praza decidirase esta fin de semana nos enfrontamentos Dep. Carballo-Xornes e Mazaricos-Leiloio.

Asemblea

Este venres 5 de abril ás 20:30h, están convocados todos os Delegados dos equipos a unha reunión onde se fará o Sorteo de Copa e se elixirán os dous representantes para a Comisión Galega de Futbol Veterano, ademais de informar sobre o Campionato Galego de Seleccións, na que tamén haberá unha Selección da Costa.

Todas as Crónicas dos Veteranos

Comentarios