Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Veto da Xunta a Coristanco e Ponteceso por non presentar as contas de 2016

Veto da Xunta a Coristanco e Ponteceso por non presentar as contas de 2016
O mecanismo activado polo decreto da Xunta de 2012, que en esencia impide a un concello que non presente as suas contas ao Concello de Contas participar dos fondos rexionais (subvencións e axudas) ven de ocasionar unha crise de dimensións descoñecidas en Coristanco e Ponteceso. Os dous concellos da bisbarra están entre os 20 aos que a Xunta ven de impedir o acceso a ningunha das convocatorias de axudas que concede o goberno galego, porque aínda non entregaron os seus orzamentos  de 2016 ao Concello de Contas. O veto, que expira coa entrega desta documentación ao organismo fiscalizador, implica que nin Coristanco nin Ponteceso poderán acudir as convocatorias que se abran dende o executivo galego para ir repartindo ao longo do ano as distintas subvencións que reservan os presupostos autonómicos destinadas as administraciones locais, con cantidades que oscilan entre os 250 e os 300 millones de euros. Casa do Concello de Ponteceso O decreto establece que un concello debe entregar as sus contas orzamentarias dun exercício nos dez meses seguintes ao remate do ano. O prazo para as de 2016 remataba polo tanto en outubro e a piques de rematar xaneiro, estes 20 concellos seguen sen render contas. Con Coristanco e Ponteceso, da provincia de Coruña están tamén; Negreira, Rois ou Ferrol. Tamén destaca a presenza entre os vetados no resto de Galicia dos concellos de Nigrán, Caldas, Sarria ou Verín. Outros sete concellos entregaban as suas contas, entre eles o de Lugo, pero ainda non foron validadas polo Concello de Contas. Ponteceso, cunha debeda viva que supera o 1,8 millóns de euros e Coristanco, con case medio millón, so dous dos concellos mais endebedados da bisbarra.  

Comentarios