Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Costa da Morte

Unha viaxe de Naturmaz a Alvedro pola Costa da Morte

Espectacular o voo que vén de realizar o dumbriés Mario Rodríguez pola Costa da Morte. Un voo simulado pero tremendamente real, gracias á calidade gráfica do novo Microsoft Flight Simulator 2020.

”O meu obxectivo é mostrar como se mostra a paisaxe da Costa da Morte no novo Microsoft Flight Simulator 2020. Para iso despegarei dende o aerodromo de Naturmaz en Mazaricos dirección sur, no atardecer, ata Muros, e por aí bordeando a costa ata Malpica, onde ascenderei para pasar por riba da Coruña e virar en Ferrolterra para aterrizar na cabeceira 21 de Alvedro”, sinala o propio Mario.

”Tanto a paisaxe como os dous aeródromos están creados de forma artificial en base a ortofotos dos mapas de Bing e cos edificios e pista xerados de forma automática (autogen) en base a esas ortofotos (menos os datos das pistas)”, explica. “O xogo xera todo o mundo a escala 1:1 basándose en 4 petabytes de información de Bing a través de streaming directo desde os servidores Azure de Microsoft, incluídas fotogrametrías das principais cidades do mundo (no caso das fotogrametrías, non se xeran os edificios automáticamente senón que se representan tal cual son na realidade, en Galicia só hai fotogrametría na cidade de Vigo)”.

Así que senten e disfruten do voo, que Mario despega:

Unha viaxe de Naturmaz a Alvedro pola Costa da Morte