Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha viaxe polos Enterros de Entroido de Bergantiños

Enterros de Caietano e Faustino no Entroido de Bergantinos
Enterros de Caietano de Laxe, o Farruco de Seaia e o Faustino de Malpica, tres figuras singulares do Entroido de Bergantiños
Unha viaxe polos Enterros de Entroido de Bergantiños

Pola Mikaela xa pasamos, porque a festa comeuse a tradición, e xa é unha macrofesta espectacular. Pero os Enterros de Entroido de Bergantiños son tremendamente singulares, e convirten a segunda fin de semana carnavaleira nunha cita obrigada para toda a provincia. A nivel etnográfico e festexeiro, ademais.

Así o refrendan a retranca coa que nacen persoeiros como o Caietano de Laxe, o Farruco de Seaia ou o Faustino de Malpica, e a tradición dos Madamitos e Ghuadineros de Cerqueda.

O Farruco e o Faustino, Malpica #power

Enterro do Farruco de Seaia-Entroido Malpica 2020
Comitiva do Farruco de Seaia

Tan divertidos como irreverentes son os Enterros do Farruco en Seaia e do Faustino de Malpica. A comitiva e mailo corpo estiveron presentes durante a sesión vermú, para armar a queima pola tardiña durante a verbena.

Por Malpica, o velorio e a procesión do Faustino, camiño do porto, lugar da queima, foi tremendamente riseiro. A esquela recollía que “a súa desconsolada muller Málaga Virgen, a súa quetruda Dona Caña da Froxa, os seus fillos Ciñalar Nonlle Sabe Nada, Don Simón Tampouco e Don Riveiro Diolopaje, oos Curmáns e achegados, rogan que beban un vaso de viño para celebrar a súa morte”…

Queima do Faustino no Enterro de Entroido de Malpica 2020
Queima do Faustino no Enterro de Entroido de Malpica 2020

A Tradición manda en Cerqueda

Madamitos e Ghuadineros da Raiganas por Cerqueda-entroido Malpica 2020

Da da A.C. Raigañas, segue vivos os Madamitos e Ghuadineros (e a Vellada), que conseguiron combater o mal tempo. 30 integrantes da comitiva, de todas as idades, tiveron que acelerar o pasarrúas, rematando nunha festa das Pozacas en clave de foliadiña. Son a rapazada a que colle o relevo, e así de contentas se amosan dende a asociación.

Madamitos e Ghuadineros da Raiganas por Cerqueda-entroido Malpica 2020 2

O Caietano de Laxe

A Pelanas e o Caietano por Laxe
A Pelanas e o Caietano facéndose con Laxe

Espectacular a historia completa do Caietano, que este ano, tras 11 anos dende a súa recreación, amosou a súa nova careta. O primeiro sábado entronábano alcalde, e daba este discurso. A única promesa é que non faltaría o viño ata o seu final, e parece que cumplir cumpliu.

A mediados de semana xa falecía o Caietano e a súa viúva recibiron as primeiras visitas e condolencias, no velorio municipal. O domingo era o día grande, para darlle o último adeus, coa acompañamento musical dos Maruxía, Leiladoura, Brisas Laxeiras e Andainas, xunto coa Escola de Samba Malandros de Culleredo. As Asociacións de Laxe, Escola Municipal de Teatro e grupo do Tren da Unha fixeron posible un dos entroidos máis animados e con maior afluencia dos últimos anos!

VELORIO CAIETANO de Laxe 2020

Enterro da Sardiña de Camariñas

ENTERRO DA SARDIÑA Entroido Camarinas 2020

Non falta a cita ca Sardiña. En Carballo celébrase o mércores, mentres Camariñas puxo punto e final ao seu Entroido o sábado. Os actos tiveron lugar na Casa de Pedra cun Velatorio e cunha Marcha Fúnebre coa batucada Malandros, e ás 18 horas, na praza do mercado. Despois, tivo lugar o enterro, nun evento no que colaboraron ‘As Choronas’ e a Asociación Cultural ‘A Caramuxa’.

 

Todas as novas do Entroido

As crónicas do Caietano

Comentarios