Martes. 23.04.2024
El tiempo

Un Vicente Ferrer para o IES Pedra da Aguia

Alumnado do IES Pedra da Aguia recibiu o Premio Vicente Ferrer
Alumnado do IES Pedra da Aguia recibiu o Premio Vicente Ferrer
Un Vicente Ferrer para o IES Pedra da Aguia

Continúan os Euroembaixadores do IESP Pedra da Aguia da Ponte do Porto demostrando todo o que un centro de ensino pode chegar a facer. Desta volta, o seu alumnado vén de recibir un premio na undécima edición do Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento “Vicente Ferrer” convocado pola Agencia Española de Cooperación Internacional. Vicente Ferrer pasa por ser un dos nomes máis importantes da historia da cooperación internacional española, e a súa Fundación ten centros de imporacia maiúscula en lugares como a India.

O alumnado camariñán escolleu a Igualdade e a desigualdade de xénero, e no marco Plan Proxecta O Mundo que Queremos da Xunta de Galicia foron creando contidos vinculados á Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable impulsada pola ONU.

Foi tempo de experimentar con diversos medios de creación e comunicación como o audiovisual, o teatro, a radio, a cartelería, a escrita creativa... impulsadas de xeito interdisciplinar desde os departamentos de Lingua Castelá e Ciencias Sociais, coordinadas desde a Biblioteca Escolar, e co apoio de todo o centro.

Accións que serviron para recapacitar e aprender dun xeito máis directo, cun nivel de implicación máximo como compartiron co resto de alumn@s na mostra final do pasado maio.

Agora, os seus traballos serán publicados con outros 15 a nivel estatal, e serán obxecto de divulgación durante unha estadía en Xordania, onde o profesorado responsable deste programa, poderá coñecer de primeira man os proxectos de cooperación para o desenvolvemento que a AECID ten radicados neste pais.

Traballos no marco do proxecto “O mundo que queremos”

 
 
 
 

Novas relacionadas

Comentarios