Sábado. 20.04.2024
El tiempo
Anxo Garrido
13:16
11/05/12

Vídeo entrevista de Angel Garrido co cormelán Alejo

Vídeo entrevista de Angel Garrido co cormelán Alejo

Fantástica entrevista de Ángel Garrido co killer cormelán Alejo. O novo dianteiro (19 anos) da Corme C.F. é un dos abandeirados da canteira da familia do #mareaazul, desa gran aldea gala bergantiñá. Un Corme que leva un ano deixando unha imaxe de fútbol total polos campos da Costa.

O tamén adestrador, xunto a Pandi, dos xuvenís, equipo co que o ano pasado gañaba unha Copa de xeito espectacular, é un das imaxes máis visibles desta quinta de rapaces que van que falar durante moitos anos. I é que a día de hoxe son 20 rapaces (19 nativos de Corme e un cabanés que leva dende alevíns na familia) cunha media de idade que ronda os 20 anos, que se combina de marabilla ca experiencia dos Alejandro e Lelo, dúas institucións no fútbol da Costa.

Alejo seguirá marcando goles durante moitos anos, seguramente en Corme se os adestramentos non lle impiden dar o salto a un equipo maior. Iso si, aínda ten un par de contas pendientes: marcar un gol de cabeza e rebaixar a tensión coas arbitraxes.

Aí vos deixamos con este par de cracks, Alejo, e Anxo Garrido, que cada días nos sorprende cunha cousa máis. E se non o credes, esperade ata o final da entrevista, que merece a pena para coñecer como o cadro cormelán salta ao Cairo cada 15 días.

Máis video entrevistas de Anxo Garrido

Comentarios