Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Vieiro e os coles unen forzas para previr de condutas de adicción en Primaria

Reunion de coles con Vieiro
Vieiro e os coles unen forzas para previr de condutas de adicción en Primaria

Esta semana celebrouse entre a a Asociación Vieiro, e os/as orientadores dos diferentes centros de educación primaria do Municipio de Carballo. A finalidade desta reunión é fomentar a coordinación entre os centros educativos e a Asociación Vieiro para xuntar esforzos na prevención de condutas adictivas e outras condutas de risco, ademais de informar dos resultados obtidos en anos anteriores no programa de Habilidades sociais no que todos os centros veñen participando desde fai varios anos.

Unha reunión para intentar afrontar situacións como as corroboradas polos estudios da asociación, que confirman que un 40% de menores probou o alcohol coas sáus familias antes de cumplir 8 anos; ou certifican o uso abusivo das novas tecnoloxías entre os menores.

Na representación da entidade, asistiron a súa presidenta Josefina Rei Baldomir, a secretaria María deñ Pilar Fernández-Balbuena e a educadora social Miriam Romeu Traba. Por parte dos equipos de Orientación dos centros educativos de educación primaria, asistiron Montse Martínez, orientadora do CEIP Bergantiños, Cristina Baldomir, orientadora do CPR Artai, Viviana Mercés Bao, orientadora do CEIP Fogar, África Valiño, orientadora do CEIP Gándara-Sofán e de CEIP Canosa Rus, e Francisco José Rodríguez, orientador do CEIP Nétoma-Razo e do CRA Ponte da Pedra.

Programas

A entidade tamén aproveitou esta reunión para recordar aos centros educativos de educación primaria os servizos que presta no ámbito educativo e familiar co fin de satisfacer as necesidades que poidan suscitarse nos diferentes centros, como son:

  • O programa de HABILIDADES SOCIOEMOCIONALES, destinado a mozas con dificultades ou carentes dalgunha habilidade que lle impida desenvolver normalmente o seu programa de estudos e o seu comportamento no ámbito familiar.
  • Programa para mozos con PRIMEIROS CONSUMOS, para aqueles/as novos que teñan os primeiros contactos coas drogas e deben realizar este programa en lugar de proceder á súa expulsión do Centro.
  • Programa destinado a familias que fillos/as PROBLEMAS CONDUTA.
  • Programa “Na horta cos meus amigos/as” destinado a alumnado de 3º e 4º de Primaria, onde de forma lúdica trabállanse as habilidades sociais dos máis pequenos.
  • ESCOLAS DE FAMILIA destinado a pais, nais e/ou titores legais co fin de ofrecerlle un espazo formativo para a educación dos seus fillos.

Estudos de Vieiro

Comentarios