Venres. 29.03.2024
El tiempo

Vieiro constata o uso abusivo das novas tecnoloxías entre os menores

Vieiro constata o uso abusivo das novas tecnoloxías entre os menores
asociacion-antidroga-vieiro O pasado venres, as educadoras sociais de Vieiro presentaron o "Estudo dos hábitos de uso das novas teconoloxías" Baixo o título "Estudo dos hábitos de uso das novas tecnoloxías" as educadoras sociais da asociación antidroga Vieiro - María José Dosil e Miriam Romero - presentaron o pasado venres un estudo piloto que naceu co obxectivo de coñecer os hábitos dos nenos e neas na rede. O estudo enmárcase dentro do programa de prevención Desenrédate e nel participaron un 600 menores do municipio de Carballo con idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos. Durante a presentación, as profesionais sinalaron que os resultados serven como unha primeira aproximación para coñecer os riscos e as oportunidades aos que se enfrontan os menores no uso das novas teconoloxías a través do móbil, videoxogos, aplicacións ou redes sociais. Os datos Case un 64% dos encuestados recoñeceron que entre a semana - luns a xoves - pasan entre 0 e 2 horas diarias diante dunha pantalla mentras que o 18,34% recoñece que lle adica entre 2 e 4 horas ás novas tecnoloxías. Os datos varían, e moito, durante a fin de semana. Ainda que o 38% dos menores encuestados afirman adicar entre 0 e 2 dúas horas diairias, "son significativas e preocupantes as porcentaxes que se rexistran nas demais franxas horarias", sinalan dende Vieiro, xa que estes datos reflexan ao seu parecer un uso abusivo das novas teconoloxías de información e comunicación.
0-2 2-4 4-6 6-8 8-10 10-12 12-14 +
Cantas horas adicas diariamente a "pantalleos" de luns a xoves   63,87%     18,34%       9,39%     3,96%   2,51%   0,53%   0,53%   0,53%
Cantas horas adicas diariamente a "pantalleos" de venres a domingo 38,01% 27,13% 14,56% 12,85% 3,70 2,54 1,49 1,32
O smartphone é o dispositivo máis empregado polos menores encuestados seguido da tablet e da videoconsola. As aplicacións máis usadas nos teléfonos son WhatsApp, Instagram, Youtube, Facebook, Snaptchat y Musically. Entre os tipos de xogos cos que se entreteñen coas videoconsolas destacan o Clash Royal - un xogo combinado de cartas e estratexia - e o Fifa - xogo de fútbol -. Séguelle o Minecraf - un xogo creativo de construcción de "mundos abertos" -, seguido do GTA indicado para maiores de 18 anos e coñecido polo seu contido violento e "nada recomendable". Con descoñecidos A maioría dos encuestados neste estudo recoñeceron que xogan online con descoñecidos, seguidos dos que xogan en familia ou solos/as. Desde a asociación Vieiro destacan a responsabilidade da familia neste eido e descatacan a necesidade dunha labor preventiva con programas como Desenrédate o cal proporciona información sobre as vantaxas e os riscos das novas tecnoloxías, formación teórico-práctica para un uso seguro e a promoción de alternativas de ocio saudables. "De todos é coñecido que os nosos nenos e nenas naceron na era dixital, pero iso non significa que sepan empregalas de forma axeitada e responsable. É responsabilidade de familias e educadores/as o facilitar unha incorporación positiva da tecnoloxía e un bo uso da mesma. As potencialidades son infinitas e os riscos evitables", sinalan dende Vieiro.  

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios