Sábado. 20.04.2024
El tiempo

“Vieiro Fidalgo”: Berdoias estrea a súa nova ruta sinalizada

Ruta do Vieiro Fidalgo
Fermosa estampa boscosa do Vieiro Fidalgo
“Vieiro Fidalgo”: Berdoias estrea a súa nova ruta sinalizada

Está Berdoias que desborda patrimonio. A posta en valor da Via Mariana, ou a recuperación do seu patrimonio na rede así o ratifican.

Esta fin de semana destaparon unha nova oferta: o Vieiro Fidaldo é a primeira ruta que conta con sinalización promovida polo Concello, que incide en “pór en valor e dar a coñecer o enorme patrimonio etnográfico e patrimonial desta parroquia”.

O roteiro, que conecta Berdoias con Boallo. E na presentación que mellor que facer os 9km de percorrido dende a igrexa de Berdoias ata o lugar de Boallo, pasando por cabazos, hórreos, muíños, pontellas, etc… e por lugares como o Dolmen de Freáns, os Petróglifos do Pedrouzo e os de Boallo.

A maiores das sinais do propio camiño, o goberno local decidiu instalar paneis informativos nestes puntos de especial interese patrimonial, que ata o de agora non contaban con ningúnha indicación -agás a Casota de Freáns, que si dispuña de paneis-. Agora, tanto os Petróglifos como os gravados do Dolmen contan con paneis nos que se identifican os motivos. A maiores, o executivo acometeu tamén a limpeza da Mámoa de Freáns.

Ruta do Vieiro Fidalgo sinalizacion

FOTO VIMIANZO- Ruta Vieiro Fidalgo Petroglifos

Ruta conxunta

O vindeiro sábado, 29 de agosto, ás 10:00 levarase a cabo unha actividade aberta a toda a cidadanía para dar a coñecer este camiño. As prazas serán limitadas, polo que será necesaria a inscrición previa no teléfono 604 03 66 17 ou no correo [email protected].

Ruta do Vieiro Fidalgo 2

Un pasado fidalgo

O nome da ruta, “Vieiro Fidalgo”, alude ao pasado de Berdoias e Boallo, estreitamente vinculado á familia Lema, de orixe fidalga. Precisamente, a construción da Igrexa de Berdoias -liña de saída e de meta desta ruta- foi promovida pola familia Lema. Así mesmo, tanto Berdoias como Boallo contan con casas fidalgas, polo que esta ruta busca ser a unión entre a historia de ambos os dous lugares.

Novas relacionadas

Comentarios