Martes. 23.04.2024
El tiempo

Vimianzo consensúa coa hostalería unha nova liña de axudas e a creación dunha Asociación

Reunion virutal co comercio e hostaleria de Vimianzo
Imaxe da reunión virtual do Concello de Vimianzo coa hostalería celebrada o pasado mes de maio
Vimianzo consensúa coa hostalería unha nova liña de axudas e a creación dunha Asociación
”Nestes momentos antóllase indispensable, así, artellar unha batería de medidas para paliar os efectos da crise económica nun dos sectores máis castigados, como o é a hostalaría, aínda que tamén se están a estudar outras dirixidas a máis sectores económicos do municipio”, sinalan dende o Concello de Vimianzo, despois da reunión mantida onte coa hostalería.

As representantes municipais, despois de escoitar as demandas e preocupación d@s profesionais, corroboraron que o Concello está a “formular, planificar e acordar unha nova liña de axudas ante a incertidume do futuro máis inmediata”, que “se poidan tramitar do xeito máis sinxelo posible”, solicitan os hostaleir@s.

A alcaldesa comprometeuse a consensuar un borrador.

Unha Asociación

Unha das ideas é a constitución dunha Asociación da Hostalaría de Vimianzo, “algo que sería beneficioso para eles porque poderían optar, grazas a este status, de axudas vidas de distintas administracións”, aporta a alcaldesa, Mónica Rodríguez.

Ademais, dende o Concello están “estudando axudas para outros sectores. Quixemos darlle prioridade á hostalaría porque é a que máis tempo leva pechada e sin poder facturar; temos a esperanza de que outras administracións colaboren e así poder chegar a unha solución óptima para todas e todos, e sobre todo, reverter esta difícil situación”, achega a alcaldesa, quen quixo enviar “unha mensaxe de ánimo para todas as persoas que rexentan un negocio baixo estas condicións, e transmitir que non estades soas e sós: traballamos e traballaremos para poder paliar os efectos desta devastadora crise sanitaria, que tamén o é económica”, sentenciou.

Novas relacionadas

Comentarios