Martes. 23.04.2024
El tiempo

Vimianzo considera insuficiente a partida da Xunta para as melloras do colexio San Vicenzo

Ceip San Vicenzo de Vimianzo
Vimianzo considera insuficiente a partida da Xunta para as melloras do colexio San Vicenzo

30.000€ é a partida orzamentaria que a Xunta de Galicia vén de aprobar para acometer as obras de mellora no Colexio San Vicenzo de Vimianzo. Un centro que necesita importantes melloras na fachada, a cuberta e as baixantes, xa que os pasados temporais afectaron gravemente á estrutura, polo que dende o Concello consideran que a partida pode ser “insuficiente”.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, sinala que “é un centro que acolle unha franxa de ensino moi ampla, e consideramos que a partida non cubrirá todas as melloras que hai que levar a cabo no recinto”. Rodríguez, que xa solicitou unha reunión con Educación para tratar este tema, lamenta que a Xunta non trasladase ao concello a copia do proxecto técnico para poder solventar as numerosas dúbidas e queixas das familias.

Comentarios