Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Vimianzo e a Deputación sacan peito da súa xestión municipal do patrimonio

Vimianzo e a Deputación sacan peito da súa xestión municipal do patrimonio
Mesa sobre patrimonio en Vimianzo Manuel Antelo, Xosé Ameixeiras, Xesús Soto e César Abella durante a mesa sobre patrimonio en Vimianzo do simposio do Castelo de Vimianzo

A xornada sobre “O Castelo de Vimianzo”, coa presencia da Deputación da Coruña, serviu para que ambos defendesen a xestión municipal do patrimonio vimiancés. Tanto o alcalde Manuel Antelo como o deputado Xesús Soto valoraron o novo modelo de xestión que pon o patrimonio en man das administracións máis próximas. Ao seu lado sentouse nunha das mesas o redactor do Plan Castelo de Vimianzo, César Abella, e o xornalista Xosé Ameixeiras.

Saíron á palestra, ademais do Castelo, bens como os muíños de batáns de Vimianzo, as Torres do Allo de Zas, o Dolmen de Dombate e o de Cabaleiros, ou o Forno do Forte de Buño.

"Defendemos este modelo de xestión porque é o máis eficaz e pon o patrimonio nas mans da administración máis próxima e que máis coñece as súas necesidades e tamén as súas potencialidades", explicou Xesús Soto que afirmou tamén que a medida responde ao propio acordo do goberno da Deputación que contempla a transferencia da xestión aos concellos como un primeiro paso de cara á futura cesión da titularidade, un proceso máis dilatado no tempo.

No caso de Vimianzo, o concello asume a través dun convenio de colaboración que se asina con carácter anual a xestión da atención de visitantes, a mostra de artesanía ao vivo e outras actividades no Castelo de Vimianzo e Batáns do Mosquetín. Por medio do convenio, a Deputación achega 100.000 € ao concello dos que 80.000 teñen como destino o Castelo e 20.000 os Batáns de Mosquetín.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/laxe-e-vimianzo-unense-para-reivindicar-os-penedos-como-moitomaisquepedras/ https://quepasanacosta.gal/vimianzo-afianzase-no-turismo-cultural/ https://quepasanacosta.gal/patrimonio-e-turismo-na-costa-da-morte/

Comentarios