Venres. 19.04.2024
El tiempo

Vimianzo estreita lazos laborais en Polonia

Vimianzo estreita lazos laborais en Polonia
Expedicion Vimiancesa en Polonia Expedición vimiancesa en Polonia

Segue en marcha o programa European Rural Network for Job Mobility. Un proxecto importante nestes novos tempos migratorios, que nace para unir as comunidades rurais de diferentes zonas de Europa, en clave de emponderamento económico a través da diversidade cultural.

Compartindo experiencias estivo estes días unha delegación do Concello de Vimianzo pola cidade polaca de Kostrzyn nad Odrą. Alí estiveron alcalde Manuel Antelo, a ADL Rosa Sánches, e aa Concelleira concelleira de Benestar Social, Igualdade e Ensino, María Xosé Ramos Rey, que ten moita experiencia como emigrante a Suíza durante anos.

No acto estiveron representantes de todas as entidades locais que participan, de Urzad Miasta Kostrzyn nad Odra, de Polonia, da Comunidade Intermunicipal do Alto Alentejo, Portugal, de Newry, Mourne and Down District Council, Irlanda do Norte, da Comune di Petrosino, Sicilia-Italia e de Obec Zemplínske Hámre, Eslovaquia.

O programa continuará con xuntanzas no resto de paises e segundo comenta o rexedor soneirán, Manuel Antelo, constitúe “unha magnífica plataforma para falar acerca dos nosos atractivos e difundir a nosa imaxe en Europa. É unha forma de poñer a Vimianzo no mundo”, sinala.

Este programa europeo rematará no ano 2017 en Vimianzo cun congreso internacional no que participarán representantes de todos os paises e no que se avaliarán as causas e as necesidades dos moventos migratorios europeos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios