Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Vimianzo participa nun encontro internacional sobre a mobilidade laboral que se celebra en Portugal

Vimianzo participa nun encontro internacional sobre a mobilidade laboral que se celebra en Portugal
Manuel Antelo explicou a situacion migratoria actual de Vimianzo Manuel Antelo explicou a situacion migratoria actual de Vimianzo Representantes do concello de Vimianzo - encabezados polo alcalde Manuel Antelo - participan estes días no terceiro dos encontros que se enmarcan dentro do proxecto European Rural Network for Job Mobility - financiado pola unión europea con 127.500€ - que procura a creación dunha rede rural para a mobilidade laboral. O primeiro dos encontros celebrouse en Vimianzo e o segundo tivo lugar no mes de maio en Polonia. Este terceiro encontro tivo lugar no concello de Alter do Chao en Portugal xa que unha das partes que participa neste proxecto é Comunidade Intermunicipal do Alto Alentejo, conformada por 16 municipios. As actividades xiran en torno á reflexión e ao análise sobre os elementos fundamentais que configuran os movementos migratorios nos diferentes países europeos e nela participan representantes de Irlanda do Norte, de Eslovaquia, de Polonia, de Portugal, de Italia e de Vimianzo. O caso de Vimianzo Durante a súa intervención, Manuel Antelo fixo referencia ás características e aos movementos migratorios do concello vimiancés e tamén lles explicou que este programa trata precisamente de facer unha reflexión común sobre a chamada mobilidade laboral que non é outra cousa que os movementos migratorios. O rexedor explicou que o contexto actual dos movementos migratorios se caracteriza pola súa diversidade, que no caso de Vimianzo hai que falar, por unha banda, da emigración de persoas sen cualificación profesional e, por outra, da emigración de persoas con moita cualificación profesional, aos países de Europa e tamén a outras zonas da península. Ao mesmo tempo, Vimianzo recibe unha inmigración de persoas con dificultades económicas ou de outro tipo que proceden basicamente dos paises do leste de Europa e de Sudamérica, maioritariamente da Arxentina e de Venezuela. Tanto nestas xuntanzas como nos intervalos que transcorren entre elas trabállase na análise dos principais problemas dos movementos migratorios, da mobilidade laboral, e os propios encontros serven para a posta en común do traballo e para chegar a conclusións. Próximas citas Antes de fin de ano, os concello participantes citaranse en Irlanda do Norte, e o vindeiro ano en Sicilia e en Eslovaquia, tratarase de poñer en común, resumir e concluír un catálogo de boas prácticas a aplicar nos diferentes concellos segundo as características que vive a súa sociedade ao respecto dos movementos migratorios. Está previsto que o proxecto remate no mes de novembro de 2017, en Vimianzo cun congreso internacional onde se fará unha exposición global do traballo desenvolvido polas 5 comunidades municipais de 5 países europeos para chegar a unhas conclusións que lle serán remitidas á Unión Europea para a súa validación.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios