Venres. 19.04.2024
El tiempo

Vimianzo preséntalle ao seu comercio a plataforma online de venda conxunta

Vimianzo Dbarrio
Vimianzo preséntalle ao seu comercio a plataforma online de venda conxunta

En marcha unha das accións para favorecer o comercio local en Vimianzo. O tecido empresarial vimiancés reuniuse onte na Casa da Cultura do municipio para ser coñecedores en primeira persoa da plataforma de e-commerce que se propón empregar para fomentar o comercio a través de Internet neste novo contexto socio-sanitario que estamos a vivir. Esta acción enmárcase dentro do Plan de Reactivación Económica da Costa da Morte, impulsado polos ADL de Camariñas e Vimianzo e que conta con outro 11 concellos colaboradores.

Esta plataforma, da empresa DBARRIO, foi a escollida das alternativas propostas, xa que fomenta en alto grao o comercio de proximide potencia a fidelidade coa clientela por parte do comercio que empregaría este servizo.
O plan do Concello de Vimianzo é sufragar o custe da licencia na súa totalidade no primeiro ano de vida desta plataforma.

A acollida dos comerciantes parece ser moi boa e xa son sete as empresas que se anotaron na lista para solicitar a adhesión a este modo de venta a través de Internet.

Xuntanza en Camariñas

Está previsto que o vindeiro martes 16 de xuño ás 9:00 horas na Casa de Pedra do Concello de Camariñas se celebre esta mesma reunión co tecido comercial do municipio camariñán.

Novas relacionadas

Comentarios