Venres. 19.04.2024
El tiempo

Vimianzo reanuda o Servizo de Orientación Laboral cunha serie de cursos

Vimianzo reanuda o Servizo de Orientación Laboral cunha serie de cursos

O Concello de Vimianzo reanuda o servizo de información e orientación laboral poñendo en marcha dierentes obradoiros para a procura de emprego. Este servizo, financiado polo Fondo Social Europeo a través da Consellería de Traballo, ten como obxectivo realizar as accións de información e asesoramento e orientación laboralque permita aumetar a empregabilidade das persoas demandantes de emprego así como titorizalos na procura de traballo.

A finais deste mes este servizo poñerá en marcha unha serie de obradoiros nos que se poderá inscribir calquera persoa interesada demandante de emprego ou persoas traballadoras que busquen unha mellora de emprego.

Primeiros cursos

O 22 de outubro terá lugar o primeiro dos obradoiros “Como postularse a través da internet como candidato/a ante as grandes empresas: IKEA, Mercadona, Inditex, Repsol, FROIZ…"
O seguinte obradoiro “Novos portais profesionais, que ofrecen?Job and Talent, trabajosporelmundo.com, Workmunity,…” , será o 5 de novembro;.
O 14 do mesmo mes terá lugar o obradoiro “Traballar no estranxeiro: que debemos saber e primeiros pasos”.
O 19 de novembro será “As redes sociais e a procura de emprego: o exemplo de Twitter”.
O o último desta serie de obradoiros realizarase o 26 de novembro “Un currículum diferente: Prezi e outras ferramentas”.

Todos os obradoiros se realizarán en horario de 16 a 20 horas. As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo no teléfono 981716001 ext. 223 (Irene), no correo [email protected] ou acudindo ao Servizo de orientación na Casa do Concello.

Entrega de diplomas na Devesa

Primeiros diplomados en A Devesa

O primeiro curso realizado no telecentro da Devesa, na parroquia de Carnés, chegou ao seu fin e o pasado luns o alcalde entregoulle os diplomas aos alumnos e alumnas do curso de iniciación á informática. Vinte persoas acudiron ás clases impartidas pola traballadora municipal Lorena Cernadas, maioritariamente mulleres.

Un curso dirixido a xente maior para que se adentraran na informática básica e na internet, que foi sen dúbida o que máis lles gustou. O alcalde acudiu ao telecentro o luns para realizar a entrega de diplomas e para informar de que desde o concello se está traballando na continuación da programación de novos cursos para o inverno.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.
  • Comentarios